O Keeper Galicia suma un punto ante o 5 Coruña na única categoría en competición esta semana

Os brancos foron por diante na primeira metade pero nos minutos finais o rival deulle a volta ao partido. Tamén avultou o resultado do Ribeira no últimos minutos, que caeu co líder

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia segue sen gañar aínda que sumou un novo punto ante o 5 Coruña, nun empate que sabe a pouco xa que implica serguir caendo na tabla clasificatoria. É o equipo branco o que máis empates ten no grupo, 4 no que vai de Liga.

Partido moi igualado na primeira parte, onde o Keeper Galicia estivo correcto en todas as facetas de xogo chegando ao descanso cunha vantaxe de dous goles. Na segunda parte os rivais subiron a presión e lograron empatar o partido. Nos intres finais, os brancos seguiron pelexando e malia que o visitante se adiantou lograron empatar co 5 para 4 no último minuto. Gran actuación de Teo, responsable dun hat trick.

Consulta aquí a clasificación

O Ribeira non estivo afortunado esta xornada, xa que caeu ante o Parrulo, hoxe líder provisional da clasificación tralo aprazamento do Valladolid. 5-0 foi o resultado co que se chegou ao final, algo enganoso xa que o conxunto lugués encaixou cedo dous tantos, nos minutos 1 e 9, que o lastraron para o resto do partido no que se mantivo pechado e sen dar oportunidades.

Finalmente, no tramo final do duelo, en cinco minutos, o rival fixo os tres goles que engrosaron o resultado.

ZAMORA 0 - 3 KEEPER GALICIA

CD River Zamora FS: An.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Raúl, Teo (3), Pablo, Lucas, Luisma, Mikel (1), Pedro, David, Dani, Mauro e Javi.
Cancha: Manuel Camba.                                                                                                 

RIBEIRA 5 - 5 TREPALIO

Club Ribeira FS: Xabier, Joan Manuel, Mael, Érik, Antón, Unai, Martín, Jeray, Lucas e Cristian.
Trepalio León Sala: Mian.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 

 

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

            Resultados xornada 12

Ribeira 5-5 Trepalio
Segovia 7-9 Parrulo
Valladolid 12-0 Vigo
Pontevedra 12-2 Laguna
5 Coruña 10-2 Salamanca
Zamora 0-3 Keeper Galicia
  D Tres Columnas

               Próxima xornada

Tres Columnas - Ribeira
Trepalio - Segovia
Parrulo - Valladolid
Vigo - Pontevedra
Laguna - 5 Coruña
Salamanca - Zamora
  D Keeper Galicia

     

División de Honra Cadete

Non houbo competición nas categorías xuvenil, cadete, infantil e alevín debido ás concentracións de seleccións que se celebraron esta fin de semana e os días festivos. A liga regular reanudarase a próxima fin de semana, días 10 e 11 de decembro.

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

              Próxima xornada  

Narón - Burela
Ribeira - Stellae
Ventorrillo - Keeper Galicia
Bueu - Hércules
Parrulo A D Sala Ourense
  D 5 Coruña