O Ribeira xuvenil suma os primeiros tres puntos da tempada nun partido con final de infarto

Marcaron un gol a dous segundos do final mentres o cadete segue sumando vitorias, ao igual que o Burela, que venceu no derbi ao Keeper Galicia

División de Honra Xuvenil

O Ribeira sumou esta fin de semana os primeiros tres puntos da competición e foi ante o Zamora na casa e cun final de infarto. Unha vitoria que sabe moi ben a este equipo que loita pola supervivencia no seu proceso de adaptación á categoría.

A primeira parte foi de dominio claro para o Ribeira, aínda que fallou moitas oportunidades de marcar polo que o 1-1 do intermedio soubo a pouco pero a definición na porta está a ser unha debilidade para este equipo.

Na segunda, fixeron unha boa fase de xogo e outra mala, na que malia que faltaron ideas e creativiadade en ataque, si souberon aguantar en defensa e incluso marcar un gol. Despois melloraron e cando o rival sacou o 5 para 4 entrou o gol do empate do rival.

A sorte que non tiveron no resto do partido chegou na última xogada do duelo, na que un fallo do porteiro rival, que foi o mellor do Zamora, trouxo o último gol para o Ribeira a falta de dous segundos para a bucina.

Consulta aquí a clasificación

O Keeper Galicia segue sen abandonar a primeira praza, na que está invicto pero cun empate. Nesta ocasión saiu vitorioso novamente ante o pechacancelas, o Tres Columnas, e por un curto marxe. Malia esa diferenza de posicións na clasificación, foi o equipo local o que abriu o marcador en tres ocasións nos primeiros 8  minutos. A partir dese momento, o Lugo Sala tomou as rendas do xogo para darlle a volta ao marcador xa antes do descanso (3-4).

A segunda parte empezou con goles para os dous equipos, o primeiro dos brancos e o segundo dos locais e na seguinte xogada serían os de León os que se achegarían no marcador. Pero este xa non se moveu máis.

TRES COLUMNAS 4 - 5 KEEPER GALICIA 

CD Tres Columnas: Miguel, Alejandro, Pablo, Álvaro (2), David, Yassin, Carlos, Mircea (1), Francisco, Danel (1) e Marcos.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Raúl, Teo, Pablo (1), Mikel (1), Caloto, Iván (1), Mauro, Dani (2), Lucas e David.
Cancha: Conde de Foxá.                                                                                                 

RIBEIRA 3 - 2 ZAMORA

Club Ribeira FS: Joan, Mael (1), Érik (1), Antón, Jeray, Unai (1), Alejandro, Lucas, Xabier e Gabriel.
River Zamora FS: Óscar, Marcos (1), Axel, Víctor (1), Pablo, Aritz, Jaime, Carlos, Rubén, Eduardo, Christian e Jorge.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                 Resultados xornada 6    

Parrulo 8-5 Laguna
Trepalio 8-3 Salamanca
Tres Columnas 4-5 Keeper Galicia
Ribeira 3-2 Zamora
Segovia 1-3  5 Coruña 
Valladolid 10-7 Pontevedra
  D Vigo

                  Próxima xornada (5/11)

Vigo - Parrulo
Laguna - Trepalio
Salamanca - Tres Columnas
Keeper Galicia - Ribeira
Zamora - Segovia
5 Coruña - Valladolid
  D Pontevedra

                 

División de Honra Cadete

O Ribeira segue sumando vitorias a un salto do liderado e esta xornada foi contra o Ventorrillo, ao que derrotou 6-3. Partido controlado en todo momento polos de César, que saíron moi enchufados e se puxeron moi rápido por diante, co 3-0 aos poucos minutos de comezar. O adestrador aproveitou para dar descanso aos habituais e facer rotacións. O visitante logrou marcar por dobre penalti antes da pausa e na segunda saíron noutro arreón co que seguiron sumando goles. Ao final, o Ventorrilo fixo dous máis pero sen facer pasar apuros ao Ribeira.

Consulta aquí a clasificación

O Burela tamén se mantén amarrado á parte alta da táboa, está cuarto, tras derrotar ao Keeper Galicia por 8-3. Un partido moi físico no que os mariñaos sacaron un quintento arrollador que fixo moito dano aos brancos coas súas individualidades. Aínda así, aguantaron ben o envite e malia o gol de Jocelino no minuto inicial a porta estivo a cero durante todo o primeiro tempo ata que, cando faltaba un minuto, marcaron os burelaos dous máis, o que lles fai ir 4-0 ao descanso.

O primeiro gol dos lugueses chega tras unha vermella do marca laranxa, que recuperan co quinto dos locais. Unha nova expulsión do Burela, neste caso do porteiro, leva ao segundo gol do brancos, que optan polo 5x4 y logran un novo tanto que os mete no partido. Malia que seguiron atacando sería o Burela o que enchería o casilleiro con tres goles máis.

BURELA 8 - 3 KEEPER GALICIA

Pescados Rubén Burela: Gabriel, Borja (1), Jocelino (2), Iago L (1), David (3), Unai, Walter, Pedro (1), Iago D e Hugo. 
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo S (2), Javier, Diego, Marcos, Adrián, Jesús, Javier, Iago, Hugo F e Antón. 1 en propia porta do rival.
Cancha: Vista Alegre.

RIBEIRA 6 - 3 VENTORRILLO

Ribeira FS: Iago, Alexandre (1), Aimar (1), Saúl (1), Andrés (1), Cristian, Roberto (1), Hadrian, Sergio (1) e Javier.
Transricard Distrito Ventorrillo FS: Miguel, Santiago (1), Aarón (1), Hugo B (1), Sergio, Jorge, Hugo A e Nicolás.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 6   

Stellae 10-1 Sala Ourense
Burela 8-3 Keeper Galicia
5 Coruña 5-2  Bueu
Ribeira 6-3 Ventorrillo
Parrulo A D Hércules 
  D Narón

                  Próxima xornada                                           

Stellae 2-4 Burela
Hércules 7-1 5 Coruña
Bueu 4-7 Narón
Sala Ourense 0-8 Ventorrillo
Parrulo A D Ribeira
  D Keeper Galicia