O Keeper Galicia xa é o líder da categoría superior xuvenil e o Ribeira, prata da cadete, golea

Conflitivo partido dos ribeiraos co 5 Coruña, que derivou en tres expulsións e tres dobres penaltis que adulteraron en catro minutos un resultado igualado

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia púxose líder da categoría nacional de Fútbol Sala xuvenil cunha apertadísima vitoria sobre o Trepalio de León. Os lugueses xogaron os primeiros minutos mellor pero o rival foi máis efectivo. De feito, o ataque non facía dano ao rival e os brancos sufrían no seu xogo directo. Chegaron ao descanso 2-3 pero na segunda melloraron diferentes aspectos aínda que o marcador non se moveur ata que nun momento que o partido se volveu tolo Teo marcou os dous goles que lles daban a vitoria.

Consulta aquí a clasificación

Moita peor fortuna tivo o Ribeira, que caeu co 5 Coruña a domicilio cunha avultada goleada. Malia o resultado, o partido estivo moi igualado na primeira metade grazas ao excelente traballo do porteiro ribeirao. Tamén os lucenses abriron o marcador no minuto 14 pero chegaron empatados ao descanso. O local adiantouse ao pooco de retomar a segunda parte e mantivo o marcador ata preto do final cando os desencontros arbitrais, con amonestacións aos dous técnicos e a varios xogadores así como a expulsión de tres xogadores ribeiraos e tres dobres penaltis descontrolaron o marcador dende o 2-2 ao ata 8-2 en 6 minutos.

Aínda así, o Ribeira está a mostrar unha gran melloría na defensa aínda que ten que adaptarse á categoría, na que é necesario xestionar as emocións. 

KEEPER GALICIA 4 - 3 TREPALIO

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Yeray, Raúl, Dani, Teo (2), Iván, Pablo (1), Lucas (1), Pedro, Seco, Mikel, Luisma e David.
Trepalio León Sala: Jorge (1), Jaime, Pablo (1), Daniel, David, Rubén, Darío, Víctor Carlos, Hugo (1), Javier e Amaro.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                  

5 CORUÑA 8 - 2 RIBEIRA

5 Coruña Fútbol Sala: Alejandro (1), Lukas (1), Álvaro (2), Jairo, Iván, Jaime, Dani, Álvaro, Luis Manuel, Diego, Javier e Alejandro (4).
Club Ribeira FS: Alejandro, Xavier, Mael, Jeray, Cristian, Unai (1), Érik, David (1) e Lucas.
Cancha: San Francisco Javier.                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                 Resultados xornada 5     

Laguna 2-5 Vigo
Salamanca 1-3 Parrulo
Keeper Galicia 4-3 Trepalio
Zamora 5-2 Tres Columnas
5 Coruña 8-2 Ribeira
Pontevedra 2-2 Segovia
  D Valladolid

                 Próxima xornada 

Parrulo - Laguna
Trepalio - Salamanca
Tres Columnas - Keeper Galicia
Ribeira - Zamora
Segovia -  5 Coruña 
Valladolid - Pontevedra
  D Vigo

 

División de Honra Cadete

O Ribeira mantén o seu asalto ao liderado cunha apabullante vitoria esta fin de semana a domicilio co Sala Ourense, ao que goleou 0-8. Os de César foron claramente superiores ao rival e esa superioridade traduciuse en algo de desidia na primeira metade, na que só lograron marcar un gol.

Tralo paso por vestiarios cambiou o conto, o Ribeira recuperou o ritmo e marcou nos primeiros cinco minutos catro goles. Os outros tres virían xa no tramo final.

Goleada tamén, pero en contra, do Burela co Parrulo, que dominou o duelo dende o principio. Malia que o Burela igualou o marcador no minuto 18, o local fíxose forte no seu campo para coller vantaxe ata o 3-1 co que se chegou ao descanso.

Á volta, un gol en propia do Burela non axudou no seu plan de recuperar as rendas do duelo e acabou caendo 7-1. 

Consulta aquí a clasificación

O perdedor da xornada foi o Keeper Galicia, que caeu contra o Stellae na casa. Xogaron unha primeira metade moi igualada onde os equipos fóronse tanteando pero o rival adiantouse cedo. Os brancos non se viñeron abaixo e nunha boa xogada colectiva coroada por Hugo Sanfiz logran o empate, pero poco durou a ledicia, xa que o visitante suma o segundo antes da pausa.

Nada máis reiniciarse o duelo, o Stellae volve marcar e un Lugo algo tocado defende como pode ata que nunha boa xogada o porteiro visitante sae da área e toca coa man, polo que Hugo fai o segundo tanto. 

Unha agresión en pista deriva nunha superioridade numérica para os brancos que non saben aproveitar polo que optan por porteiro xogador pero a falta dun minuto, nunha indecisión, o rival rouba o balón e fai o 2-4.

KEEPER GALICIA 2 - 4 STELLAE

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo S (2), Javier, Diego, Marcos, Jesús, Jorge, Brais e Hugo F.
Stellae FS-La Hacienda House.com: Raúl, Adrián, Anxo, Gabriel (1), Oliver (2), Marco, Hugo, Xavi, Mateo (1), Luis e Unai.
Cancha: O Palomar.

PARRULO 7 - 1 BURELA

Norterra O Parrulo: Diego, Alejandro (2), Gael (1), Jorge, Adrián (1), Lois, Jesús (2), Antón, Guillermo e Yago. Un en propia porta do rival.
Pescados Rubén Burela: Gabriel, Borja (1), David, Iago D, Unai, Walter, Pedro e Jocelino. 
Cancha: Ensanche.

SALA OURENSE 0 - 8 RIBEIRA

Sala Ourense 2014: Marco, Mateo, Jorge, Brais, Juan José, Antón, Diego, Aldan, Miguel e Jacobo.
Ribeira FS: Iago, Aimar (2), Saúl, Andrés (1), Sergio (4), Pablo, Roi, Alexandre (1), Hadrian e Martín.
Cancha: Paco Paz.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 5                                                  

Keeper Galicia 2-4 Stellae
Parrulo A 7-1 Burela
Ventorrillo 4-7 Narón
Sala Ourense 0-8 Ribeira
Hércules D 5 Coruña
  D Bueu

                Próxima xornada  

Stellae - Sala Ourense
Burela - Keeper Galicia
5 Coruña -  Bueu
Ribeira - Ventorrillo
Parrulo A D Hércules 
  D Narón