O Ribeira debuta con vitoria na cadete pero cae goleado na xuvenil

Os maiores do Keeper Galicia foron mellores e o Burela tamén sumou os tres primeiros puntos

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia posiciónase despois de tres xornadas disputadas no terceiro lugar da táboa tras vencer na casa ao Vigo 2015, o colista da clasificación. Os de Álvaro Julio xogaron un partido que estivo máis igualado en resultados na primeira metade, na que o xogo estivo de cara aos brancos pero a eficacia no gol foi máis cousa do Vigo.

A segunda parte iniciouse cun gol visitante que empataba o partido a 3 pero a partir dese momento o Lugo Sala distanciouse no marcador sin ver perigar o resultado en ningún momento.

Consulta aquí a clasificación

Pola súa banda, o Ribeira, que só xogou dous partidos e aínda non puntuou, caeu de forma abrumadora (14-3) ante o líder, o Valladolid, a domicilio. Os ribeiraos encaixaron os tres primeiros en contra en 10 minutos e aínda que marcaron no minuto 11, foron suxeitando o resultado ata o descanso, ao que chegaron 5-2. Foi xusto á volta cando o Ribeira non puido parar o avance do Valladolid, que marcou en dez minutos outros 5 tantos, deixando aos visitantes pechar a conta no minuto 36 co terceiro.

KEEPER GALICIA 7 - 4 VIGO

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Javi, Raúl, Pablo (1), Teo, Iván (1), Seco (1), Caloto, Mauro, Dani, Lucas (3), Luisma (1) e Pedro.
ED Vigo 2015: Anxo (1), Pere, Pedro, Alejandro, Darío (1), Pablo, Daniel, Tomás (2), Izan e Diego.   
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                  

VALLADOLID 14 - 3 RIBEIRA

Valladolid Tierno Galván UEMC: Ignacio, Diego (3), Ismael (3), Víctor, Alberto (1), Álvaro (3), Álvaro, Daniel (3) e Esteban (1).
Club Ribeira FS: Unai (1), Xabier, Mael (1), Antón (1), José Manuel, David, Alejandro, Érik, Jeray e Gabriel.
Cancha: Parquesol.                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                 Resultados xornada 3                                                  

Salamanca 3-2 Laguna
Keeper Galicia 7-4 Vigo
Zamora 4-6 Parrulo
5 Coruña 6-1 Trepalio
Pontevedra 9-3 Tres Columnas
Valladolid 14-3 Ribeira
  D Segovia

                 Próxima xornada   

Vigo - Salamanca
Parrulo - Keeper Galicia
Trepalio - Zamora
Tres Columnas - 5 Coruña 
Ribeira - Pontevedra
Segovia - Valladolid 
  D Laguna

                     

División de Honra Cadete

O Burela e o Ribeira sumaron esta fin de semana os primeiros tres puntos, xa que os mariñaos viñan de empatar e os ribeiraos aínda non se estrearan na competición.

Os da Mariña venceron 2-4 ao Bueu. Foron moi superiores en todo o partido no que a falta de acerto de cara á portería rival non lles permitiu sacar un marcador moito máis amplo. Tiraron 6 postes e fallaron 3 a portería vacía. A segunda parte, que comezou co empate no marcador, caracterizouse por unha boa intensidade e ritmo de xogo por parte dos laranxas.

O Ribeira, que viña de descansar nas dúas primeiras xornadas debido á retirada de varios equipos, debutou con vitoria ante o 5 Coruña.

Saíron moi ben, aínda que con algunhas imprecisións por falta de xogo, en especial nos pases e nos controis, pero aínda así, saíron dominando o partido con ocasións claras de marcar pero foi un gol en propia o que abriu o marcador. Aproveitaron antes do descanso un erro deles nun balón longo e empataron a portería baleira. Volveron ter ocasións pero foi o rival o que marcou antes da pausa,

Na segunda, o Ribeira saiu a por todas  e empataron a 2 sen deixar pasar ao rival do medio do campo. Así chegou a remontada e co 4-2 baixaron un pouco o ritmo e aínda que o 5 Coruña apertou, meteron o quinto.

Consulta aquí a clasificación

No apartado de derrotas, o Keeper Galicia caeu ante o poderoso Parrulo, un rival duro e esixente fisicamente que ademais estaba moi ben colocado en defensa e con xogadores fortes no ataque. Os primeiros 10 minutos os brancos levaron o peso do partido con ocasións para poñerse por diante, pero a medida que foi pasando o tempo o conto cambiou e aos lugueses custáballes máis chegar á zona de finalización. Finalmente, o Parrulo abriu o marcador cun único gol co que se chegou ao descanso.

Á volta, o Parrulo deu o mellor de si en defensa cun porteiro que neutralizou todas as xogadas de ataque. O Lugo Sala volveu encaixar a balón parado e nos minutos finais, co 5 para 4 recibiron o terceiro.

PARRULO A 3 - 0 KEEPER GALICIA

Norterra Parrulo A: Diego, Alejandro, Gael, Jorge (1), Adrián (1), Lois, Jesús, Antón, Guillermo (1) e Yago.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo S, Javier, Iago, Marcos, Adrián, Antón, Jesús, Brais e Javier.
Cancha: Municipal Esteiro.

BUEU 2 - 4 BURELA

ADFS Bueu-Lambonadas A de Dina: Gabriel, Jorge, Pablo (1), Xavi (1), Javier F, Mateo, Félix, Aitor, Breixo, Rául e Javier O.
Pescados Rubén Burela: Brais, Mateo (1), David (1), Iago D, Iago L (1), Unai, Borja, Walter, Pedro, Jocelino e Hugo. Un en propia do rival.
Cancha: Municipal de Bueu.

RIBEIRA 5 - 2 5 CORUÑA

Ribeira FS: Iago, Alexandre (2), Aimar (1), Mateo, Saúl, Cristian, Hadrian, Sergio (2), Pablo e Martín.
Academia 5 Coruña FS: Miguel, Leo, Tomás, Pablo, Aarón (1), Nicolás, Alejandro, Manuel, Brais, Iago e Rodrigo. Un en propia do rival.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 3                                                        

Parrulo A 3-0 Keeper Galicia 
Hércules 2-4 Stellae
Bueu 2-4 Burela
Ribeira 5-2 5 Coruña
Sala Ourense 1-6 Narón
  D Ventorrillo

                Próxima xornada 

Keeper Galicia - Sala Ourense
Stellae - Parrulo A
Burela - Hércules 
5 Coruña -  Ventorrillo
Narón - Ribeira
  D Bueu