División de Honra Xuvenil
O Keeper Galicia arrebatoulle esta fin de semana ao Parrulo a cuarta praza da clasificación tras gañarlle 2-1 no Municipal de Lugo.
Disputaron os brancos un partido cunha primeira parte moi igualada, cun estilo de xogo moi parecido como vellos coñecidos que son, con defensas altas e posesións longas para xerar ocasións. Así chegou o gol do Keeper Galicia, que os puxo por diante antes da pausa.
Na segunda parte os visitantes víronse abaixo no marcador e apertaron para conseguir o empate, que non chegou grazas a unha boa defensa, pero si puxeroon os locais o 2-0 no marcador, aínda que pouco durou xa que o Parrulo acurtou distancias cando faltaban 13 minutos. Durante o resto do tempo, houbo ocasións para ambos equipos, con máis opcións para os rivais pero o marcador non se moveu máis.
Emocionante final para o Ribeira, que amosou a súa melloría dende o inicio da competición cunha espectacular vitoria sobre a bucina ante o Leis Pontevedra, que ocupa o posto de prata da clasificación.
O 5-6 foi suficiente para que os lugueses abandonen a zona de descenso e aínda que non están a salvo si deron un golpe na mesa tras vencer a un dos equipos máis fortes da competición este ano.
Comezaron forte os de Arcadio, que en 7 minutos xa tiñan dous goles no bolso. En catro minutos malos cambiou un pouco o conto xa que modificaron o marcador de 0-2 a 3-3, resultado co que foron ao descanso.
Volveu adiantarse o Ribeira no segundo tempo, pero no minuto seguinte volvía a igualdade ao marcador. Nos últimos 5 minutos a igualdade foi extrema xa que o Ribeira marcou de novo e a falta de 2 minutos o Leis volvía empatar aínda que sobre a bucina Mael completaba un hat trick e metía o gol da vitoria para o equipo lugués.
KEEPER GALICIA 2 - 1 PARRULO
Gairesa O Parrulo FS: David, Yerai, Borja, Hector, Asier, Pablo (1), Marco, Víctor, Mateo, Hugo, Mathias e Daniel.
Cancha: Municipal de Lugo.
PONTEVEDRA 5 - 6 RIBEIRA
Ribeira Fútbol Sala: Joan Manuel, Xabier, Mael (3), Antón (1), Gabriel (1), Unai, Alejandro (1), Jeray e Cristian.
Cancha: Monte Carrasco.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Resultada xornada 17
Salamanca | 3-4 | Vigo |
Keeper Galicia | 2-1 | Parrulo |
Zamora | 2-9 | Trepalio |
5 Coruña | 8-1 | Tres Columnas |
Pontevedra | 5-6 | Ribeira |
Valladolid | 9-4 | Segovia |
D | Laguna |
Próxima xornada
Vigo | - | Laguna |
Parrulo | - | Salamanca |
Trepalio | - | Keeper Galicia |
Tres Columnas | - | Zamora |
Ribeira | - | 5 Coruña |
Segovia | - | Pontevedra |
D | Valladolid |
División de Honra Cadete
Sen competición esta fin de semana debido á celebración da xornada previa de Copa e o Entroido. Reanudarase a Liga cun derbi entre Keeper Galicia e o Burela, que perdeu na última sesión o liderado do grupo.
O Ribeira visitará o pavillón do Ventorrillo para seguir o seu asalto á primeira praza.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE |
---|
Próxima xornada
Sala Ourense | - | Stellae |
Keeper Galicia | - | Burela |
Bueu | - | 5 Coruña |
Ventorrillo | - | Ribeira |
Parrulo A | D | Narón |
D | Hércules |