División de Honra Xuvenil
O Keeper Galicia recuperou a cuarta praza da clasificación esta fin de semana tras vencer ao Vigo 2015, colista do grupo, por 2-6 a domicilio. Os brancos controlaron totalmente a primeira parte, onde o rival só dispoñía de ocasións nas transicións. Ao descanso, o equipo xa estaba 0-3 pero a pausa sentou ben aos locais que comezaron mellor e a piques estiveron os de Lugo de perder a vantaxe.
Aos catro minutos de xogo recuperaron o control e meteron o cuarto. O local apertou e conseguiu marcar en dúas ocasións pero non se perdeu a vantaxe de catro goles coa que rematou o duelo.
O Ribeira tivo como rival esta fin de semana ao líder, o Valladolid, ao que recibiu no Municipal de Lugo. Xogaron ben os locais, que están a ter unha gran evolución, como amosa o feito de que varios xogadores están nutrindo xa ao equipo sénior.
O Valladolid fixo valer unha espectacular pegada para levarse a vitoria xa que o xogo estivo moi igualado. O Ribeira fallou moitas ocasións pero foron mellores no cómputo de xogo e a nivel táctico.
A primeira parte estivo moi igualada pero o marcador pechouse co 1-3 debido aos múltiples fallos dos locais. A segunda parte comezou igual pero cando entrou o cuarto gol optouse polo xogo de 5, o que trouxo dous tantos máis en contra. Con esta situación o equipo repúxose e incluso lograron que o rival non sacase renda dunha inferioridade para lograr meter dous goles máis. Aínda así a distancia acumulada era moita para poder superala.
Satisfacción no banco ribeirao ante a melloría dos xogadores, que intentarán saír de novo da zona de descenso e que mellorarán en competitividade nesta segunda volta.
VIGO 2 - 6 KEEPER GALICIA
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Caloto, Mauro, Teo (3), Lucas (1), Raúl, Dani, Pedro (1), Pablo (1), David e Iván.
Cancha: O Berbés.
RIBEIRA 3 - 8 VALLADOLID
Valladolid Tierno Galván UEMC: Ignacio, Diego (4), Víctor (1), Pablo (1), Alberto, Álvaro (2), Daniel, Andrés e Ismael.
Cancha: Municipal de Lugo.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Resultados xornada 16
Laguna | 3-4 | Salamanca |
Vigo | 2-6 | Keeper Galicia |
Parrulo | 11-0 | Zamora |
Trepalio | 7-6 | 5 Coruña |
Tres Columnas | 0-7 | Pontevedra |
Ribeira | 3-8 | Valladolid |
D | Segovia |
Próxima xornada
Salamanca | - | Vigo |
Keeper Galicia | - | Parrulo |
Zamora | - | Trepalio |
5 Coruña | - | Tres Columnas |
Pontevedra | - | Ribeira |
Valladolid | - | Segovia |
D | Laguna |
División de Honra Cadete
O Burela segue acaparando o liderado da División de Honra cadete tras vencer con rotundidade ao Bueu, un dos equipos de abaixo, esta fin de semana. 7-1 foi o resultado co que os laranxas castigaron ao debutante.
Malia o resultado avultado, tardou o Burela en centrarse no partido marcando o primeiro no minuto 12. Non lle deixou coller vantaxe o rival, que empatou aos dous minutos e non se poñería de novo por diante o local ata que faltaba un minuto para o descanso.
Na segunda, tivo que loitar moito polo terceiro gol pero nos últimos dez minutos foi cando avultou o resultado ata o 7-1. Varias tarxetas para os locais, que se levaron 1 para Cristian Fustes e dúas para Mario Pillado, que estaba como segundo. Tamén para os xogadores Iago e Raúl.
O Ribeira tamén colleitou unha vitoria esta fin de semana, ante o 5 Coruña, co obxectivo de recuperar o liderado do grupo, que lle arrebatou o Burela xusto antes do Nadal.
Foi un duelo moi igualado, no que o marcador, aínda que se abriu en contra para o Ribeira, logo foi sempre por diante pero cuns resultados axustados que remataron no tramo final, cando aproveitaron un par de contras para abrir fenda ata o 3-6 do final.
O Ribeira está a ter unha complicada tempada xa que ás baixas de Alexandre e Ángel, ambas de larga duración, súmase ahora a de Aimar.
Finalmente, o Keeper Galicia, que se mantén na parte morna da táboa caeu na casa contra o Parrulo A. O equipo lugués entrou con forza ao parqué e adiantouse cedo cun bonito gol de Javi García, que en realidade acabou sendo un espexismo xa que o visitante acabou dándolle a volta ao marcador ata o 1-2. Os brancos reaccionaron e empezaron a chegar as ocasións pero tras unha mala saída de presión o Parrulo faise co balón e logra o 1-3.
Na segunda, o Keeper saíu de novo con ganas pero as ocasións non atopan un final feliz así que o Parrulo, ben posicionado e coas ideas claras, seguiu abrindo fenda nas transicións e en ataques posicionais. O partido se foi no minuto 40, cando meten o sexto. Aínda que recurtaron distancias xa non houbo máis opcións.
KEEPER GALICIA 3 - 7 PARRULO A
Norterra Parrulo A: Lois, Antón (1), Alejandro (2), Jorge, Adrián (2), Diego, Guillermo (1), Yago e Gael (1).
Cancha: Casa do Deporte.
BURELA 7 - 1 BUEU
ADFS Bueu Lambonadas A de Dina: Gabriel, Xavi, Aitor, Javier, Breixo, Mateo, Raúl e Alejandro (1).
Cancha: Vista Alegre.
5 CORUÑA 3 - 6 RIBEIRA
Ribeira FS: Iago, Andrés (1), Sergio (1), Mateo (2), Saúl, Cristian, Pablo. (2), Roberto e Uriel.
Cancha: Barrio das Flores.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE |
---|
Resultados xornada 16
Keeper Galicia | 3-7 | Parrulo A |
Stellae | 0-0 | Hércules |
Burela | 7-1 | Bueu |
5 Coruña | 3-6 | Ribeira |
Narón | 8-3 | Sala Ourense |
D | Ventorrillo |
Próxima xornada
Sala Ourense | - | Keeper Galicia |
Parrulo A | - | Stellae |
Hércules | - | Burela |
Ventorrillo | - | 5 Coruña |
Ribeira | - | Narón |
D | Bueu |