O Burela arrebata o liderado da División de Honra cadete nun duelo moi igualado no Vista Alegre

O Ribeira ofreceu un espectáculo en Ciudad Rodrigo logrando un empate tras levantar un 8-3 en contra en tres minutos

División de Honra Xuvenil

Co Keeper Galicia de descanso, o Ribeira foi o encargado de traer os puntos para a provincia de Lugo e fíxoo tras protagonizar un espectáculo en Ciudad Rodrigo, onde levantou un resultado en contra de 8-3 a falta de tres minutos para empatar.

Mala primeira parte para os lugueses, que chegaron cansos da viaxe e que non se atoparon a gusto nunha pista cun público hostil e ruidoso.

Na primeira parte o local estivo por diante e chegaron á pausa cun marcador que amosaba unha superioridade que no se producía no xogo (4-2).

Retomaron o duelo co Ribeira na mesma dinámica, sen ofrecer posibilidades, regalando goles e con moitos erros en transicións o que xeraba que o marcardor en contra seguise aumentando ata o 8-3 cando faltaban tres minutos para o remate. 

Sacaron o 5 para 4 nese momento e comezou unha espectacular remontada cun gol fulminante que levantou a grada. A partir de aí, dous dobres penaltis e dúas faltas marcaron o cambio de dinámica ata que faltaban 13 segundos cando meteron o gol do empate.

Resultado importante para un equipo que estivo moito mellor fisicamente e que acudiu con catro baixas relevantes, as de Antón, Gabriel, Álex e Martín. 

Consulta aquí a clasificación

TRES COLUMNAS 8 - 8 RIBEIRA

CD Tres Columnas: Miguel, Yassin, Pablo, Álvaro (3), David, Carlos (2), Aitor (1), Mircea (1), Francisco, Danel, Marcos e Víctor (1).
Club Ribeira FS: Joan Manuel, Xabier, Mael (2), Erik (1), Lucas (2), Unai (1), Cristian (1) e Jeray (1).
Cancha: Conde Foxá.                                                                                                 

 

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

            Resultados xornada 13

Tres Columnas 8-8 Ribeira
Trepalio 6-5 Segovia
Parrulo 5-6 Valladolid
Vigo 0-10 Pontevedra
Laguna 0-3 5 Coruña
Salamanca 3-3 Zamora
  D Keeper Galicia

      Próxima xornada

Salamanca 5-5 Keeper Galicia
Laguna 7-9 Zamora
Vigo 12-0 5 Coruña
Parrulo 12-2 Pontevedra
Trepalio 10-2 Valladolid
Tres Columnas 0-3 Segovia
  D Ribeira

             

 

División de Honra Cadete

Cambio de situación na categoría cadete, na que o Burela se fixo esta fin de semana co liderado que acaparaba o Ribeira ao vencelo na pista por 3-2. Situación que se produce xusto co fin da primeira volta. Os dous mellores equipos da Liga fixeron unha demostración de fútbol sala no Vista Alegre.

Comezaron marcando os locais aos tres minutos pero baixaron a presión o suficiente para que o Ribeira atopase oco para empatar. Con este resultado, xusto para o que viu, marcharon ao descanso. Na segunda, o Ribeira aproveitou para meter o 1-2 de córner e volver igualar o xogo. Cambiou o conto de novo con dous goles do Burela que poñían ao equipo por riba e que solventou a expulsión do porteiro.

Moito sufrimento de cara ao final, pero o marcador xa non se movería. Un resultado que apuntaría máis a un empate pero que cambia o panorama para o grupo xusto antes da pausa de Nadal. 

Consulta aquí a clasificación

O outro equipo do grupo, o Keeper Galicia, que tiña descanso, marcha de vacacións dende a novena praza.

BURELA 3 - 2 RIBEIRA

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo, Jocelino, Iago L (1), David (2), Brais, Borja, Pedro, Iago D e Raúl.
Ribeira FS: Iago, Sergio, Aimar, Mateo (2), Saúl, Roberto, Martín e Hadrian.
Cancha: Vista Alegre.                                                                  

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 13

Burela 3-2 Ribeira
Stellae 9-2 Ventorrillo
Parrulo A 4-1 Bueu
Hércules 5-1 Sala Ourense
Narón D 5 Coruña
  D Keeper Galicia

            Próxima xornada  

Parrulo A 3-5 Hércule
Keeper Galicia 7-1 Bueu
Burela 8-9 Ventorrillo
5 Coruña 3-4 Sala Ourense
Narón D Ribeira
  D Stellae