Todos os equipos da provincia puntuaron nas dúas categorías de Honra

Foron vitorias para todos agás o Ribeira xuvenil, que empatou co Trepalio nun partido no que remontou de forma espectacular un 1-4

División de Honra Xuvenil

Os dous equipos da xuvenil sumaron de novo esta fin de semana. O Keeper Galicia estaba necesitado de puntos tralas últimas sesións, nas que caeu do liderado. Nesta ocasión foi mellor que o seu rival o Zamora, ao que derrotou 0-3.

Os brancos tiveron o control do xogo en todo momento na primeira parte e só o rival facía dano con balóns longos. Os lugueses xeraron ocasións de gol, e dúas delas acabaron subido ao marcador, malia fallar un penalti.

Na segunda, seguiu a mesma dinámica pero houbo cinco minutos malos nos que se baixou a intensidade e eles se meteron no partido cun pau e varias ocasións. Finalmente non habería gol pola súa parte e cando sacaron o 5x4 o Keeper Galicia marcou o definitivo.

Consulta aquí a clasificación

O Ribeira tamén puntuou e esta vez a través dun empate co Trepalio, nun partido emocionante no que o equipo local levantou un resultado en contra moi avultado. Comezaron marcando os da casa pero serían eles mesmos cun gol en propia os que porían o empate tamén moi cedo e eso que dominaron o xogo pero volveunos penalizar a falta de acerto.

Non se movería o marcador ata despois da pausa, cando o Trepalio aproveitou para levar o marcador ata o 1-4 aproveitando os fallos do Ribeira, con malas saídas de balón e fallos en transicións altas. Sen embargo, co 5x4 no tramo final e malia unha expulsión, o Ribeira acortou a fenda ata o 4-5 e a escasos segundos do final Unai meteu o gol do empate. Unha loucura de final no que o Ribeira estivo firmen e aguantou máis fisicamente.

ZAMORA 0 - 3 KEEPER GALICIA

CD River Zamora FS: Jaime, Marcos, Axel, Víctor, Rubén, Héctor, Carlos, Eduardo, Raúl e Jorge.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Raúl, Teo, Pablo (1), Dani (1), Mikel, Caloto, David, Lucas (1) e Mauro.
Cancha: Manuel Camba.                                                                                                 

RIBEIRA 5 - 5 TREPALIO

Club Ribeira FS: Joan Manuel, Unai (1), Mael (1), Antón, Lucas, Xabier (2), Martín, Érik S, Jeray, Cristian (1) e Uriel.
Trepalio León Sala: Pablo (1), Daniel (1), Víctor Carlos (1), Javier C (1), Javier P, Daniel, Rubén, Jaime, Darío, Amaro, David e Hugo. Un en propia porta do rival.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 

 

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

            Resultados xornada 12

Ribeira 5-5 Trepalio
Segovia 7-9 Parrulo
Valladolid 12-0 Vigo
Pontevedra 12-2 Laguna
5 Coruña 10-2 Salamanca
Zamora 0-3 Keeper Galicia
  D Tres Columnas

               Próxima xornada

Tres Columnas - Ribeira
Trepalio - Segovia
Parrulo - Valladolid
Vigo - Pontevedra
Laguna - 5 Coruña
Salamanca - Zamora
  D Keeper Galicia

     

 

División de Honra Cadete

Triplete de vitorias para os cadetes da división de honra, que ocupan as dúas primeiras prazas da táboa.

O Ribeira volveu ser intratable esta fin de semana e derrotou cunha goleada ao Stellae, un dos equipos de arriba o que demostra que o conxunto está no seu mellor momento. 7-1 foi o resultado co que chegaron ao final tras facer na primeira metade un parcial de 4-1. Marcaron os dous primeiros tantos nos minutos iniciais e o último gol antes do descanso foi o do Stellae.

O resto de tantos entraron no tramo final pero foron contundentes e claros no seu liderado.

Consulta aquí a clasificación

Partido moi igualado o que disputaron Narón e Burela e que rematou con vitoria dos mariñaos por 3-5, o que os mantén na segunda praza da clasificación. Foron os laranxas dominadores da primeira metade, na que se foron 0-2 ao descanso. Na segunda non se viu o habitual xogo dos de Fustes, que baixaron o ritmo polo que o rival púxose 2-2. Volveron espertar con esta situación e meteron tres goles máis en 4 minutos e xa tiveron o control do partido ata o final.

Na parte baixa mantense o Keeper Galicia, que venceu por un gol ao Ventorrillo a domicilio tras unha sucesión de tantos con alternancia no marcador. 

Pintou mal a situación de inicio, cando o Keeper Galicia encaixou o primeiro gol aos 15 segundos de partido e o segundo na seguinte xogada. Tras un tempo morto, os brancos saíron máis concentrados e na primeira xogada meten o 2-1. A partir de aí comezou un continuo ataque polas dúas bandas e moito traballo dos porteiros para deixar o marcador en 6-3 co Keeper por debaixo.

Na segunda, un gol en propia dos locais dá ínfulas aos brancos, que se aproveitan dunha lesión dun xogador rival e dun banco moi reducido para reducir distancias ata o 6-6 e incluso poñerse por riba co 6-8. Co 5 para 4 o Ventorrillo volve achegarse cun marcador igualado a tres minutos do final. O último gol viría para os brancos nunha saída sen porteiro deles.

RIBEIRA 7 - 1 STELLAE

Ribeira FS: Cristian, Sergio (2), Hadrian (1), Aimar (2), Mateo, Iago, Javier, Martín e Uriel (2).
Stellae FS-La Hacienda House.com: Raúl, Xavi, Adrián, Mateo, Luis (1), Hugo S, Marco, Hugo M, Anxo L, Gabriel, Anxo R e André.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                         

NARÓN 3 - 5 BURELA

SDCyR Narón O Freixo: Rubén, Martín, Diego, Alexandre (3), Joel, Thiago, Hugo, Rafael, Jorge, Marcos e Mateo.
Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo (2), Jocelino, Iago L, David (1), Brais, Borja (1), Walter, Pedro, Iago D e Hugo (1).
Cancha: As Lagoas.                                                                                                 

VENTORRILLO 8 - 9 KEEPER GALICIA

Distrito Ventorrillo: Adolfo, Éder (2), Hugo (1), Javier (3), Nicolas (2) e Jorge.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Iker, Marcos (1), Javi (4), Seoane, Sanfiz (3), Sergio, Rion, Gael, Brais e Álex. Un en propia do rival.
Cancha: Ventorrillo.                                                                         

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 12

Narón 3-5 Burela
Ribeira 7-1 Stellae
Ventorrillo 8-9 Keeper Galicia
Bueu 3-4 Hércules
Parrulo A D Sala Ourense
  D 5 Coruña

            Próxima xornada  

Burela - Ribeira
Stellae - Ventorrillo
Parrulo A - Bueu
Hércules - Sala Ourense
Narón - 5 Coruña
  D Keeper Galicia