O Keeper Galicia xuvenil golea na casa ao Laguna e suma por segunda semana consecutiva

O Ribeira perde o partido a falta de 18 segundos para o final no seu primeiro enfrontamento na categoría

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia volveu puntuar nesta segunda semana de competición e nesta ocasión faino con vitoria apabullante a domicilio ante o Laguna.

Malia o resultado, o Lugo Sala xogou unha mala primeira parte na que o equipo no se atopou cómodo e ningún momento polo que na pausa o marcador deixaba aos brancos 2-1. Na segunda xa saíron máis concentrados e puideron darlle a volta ao marcador ata o 2-4. Ao final, no último minuto, ampliaron o marcador ata o 2-7 grazas a Teo, Dani e Seco. 

O Ribeira debutou este ano tralo seu ascenso de categoría. Comezou o partido con moita inseguridade, en media pista e tomando as primeiras medidas. Satisfeitos co aguante da presión e o ritmo do duelo os lugueses comezaron a sacar renda do xogo índose 2-1 ao descanso.

Pero a segunda metade trouxo as sensacións contrarias. O regreso da pausa foi malo, o equipo non tiña ideas en ataque e estaba desorganizado en defensa polo que o marcador deu a volta complemente para poñerse 2-5. Reaccionou o Ribeira e asentouse no partido pechando a fenda do tanteo ata chegar ao empate.

E cando faltaban 18 segundos, o Ribeira quixo ir pola vitoria e acabou encaixando o 4-5 que os deixaba sen puntos nesta xornada inaugural, aínda que satisfeitos coas súas opcións na categoría.

Consulta aquí a clasificación

LAGUNA 2 - 7 KEEPER GALICIA

Laguna FS VV: Diego (1), Ángel, Marco, Álvaro, Gregorio, Álvaro (1), Javier, Hugo e Javier.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco (1), Raúl (2), Dani (1), Mauro, Caloto, Teo (1), Iván, Pedro, Mikel (1) Pablo (1) e David.
Cancha: Laguna de Duero.                                                       

RIBEIRA 4 - 5 SEGOVIA

Club Ribeira FS: José Manuel, Xabier, Gabriel (1), Érik, Antón, Unai, Alejandro, Mael (2), Cristian e Jeray.
CD San Cristóbal de Segovia: David (3), Hugo (1), Daniel (1), Alejandro, Joel (1), Víctor, Juan, Mario, Alejandro, Pablo, Juan e Héctor.
Cancha: Laguna de Duero.                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                       Resultados xornada 2     

Ribeira 4-5 Segovia
Laguna 2-7 Keeper Galicia
Parrulo 2-1 5 Coruña 
Vigo 0-6 Zamora 
Tres Columnas 4-8 Valladolid 
Trepalio 4-6 Pontevedra
  D Salamanca

                      Próxima xornada                                                                                                                        

Salamanca - Laguna
Keeper Galicia - Vigo
Zamora - Parrulo
5 Coruña - Trepalio
Pontevedra - Tres Columnas
Valladolid - Ribeira
  D Segovia

 

División de Honra Cadete

Derrota para o Keeper Galicia da categoría cadete ante o Hércules por 2-6. Malia o resultado, o equipo disputou unha primeira parte igualada na que tivo moitas oportunidades para poñerse por diante, aínda que sería o rival o primeiro en marcar. Os brancos foron ao descanso empatados grazas a un penalti pero pouco satisfeitos polas oportunidades perdidas. 

Na segunda, os brancos continuaron levando o peso do partido pero ao pouco de comezar encaixaron o 1-2 que os deixou noqueados. Volveron empatar pero preto do final o cansazo pasou factura e recibiron un novo gol en contra. Dispostos a ir pola vitoria, sacaron porteiro xogador xerando oportunidades de gol pero sen éxito na finalización. Ademais, nas contras o rival acaba aumentando a súa conta ata o 2-6 final.

Consulta aquí a clasificación

KEEPER GALICIA 2 - 6 HÉRCULES

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo S (2), Javier, Jesús, Hugo F, Gael, Marcos, Iago e Pablo.
Hércules Sport Sala FS: Mateo (1), Daniel M (1), Sergio (1), Miguel (1), Daniel G, Lucas, Diego e Javier (2).
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                     Resultados xornada 2           

Parrulo A 7-0 Sala Ourense
Keeper Galicia 2-6 Hércules
Stellae 5-0 Bueu 
5 Coruña 5-3 Narón 
Ventorrillo D Burela 
  D Ribeira

                      Próxima xornada                                                                             

Parrulo A - Keeper Galicia 
Hércules - Stellae
Bueu - Burela
Ribeira - 5 Coruña
Sala Ourense - Narón
  D Ventorrillo