O Keeper Galicia pecha a tempada cunha vitoria e á espera de conservar a cuarta praza

O equipo lugués, que descansa na última sesión, ten ao Trepalio por abaixo a un punto, equipo co que caeu derrotado o Ribeira nesta penúltima sesión

División de Honra Xuvenil

Penúltima xornada de liga na que o Keeper Galicia pecha a súa participación na liga regular cunha vitoria sobre o Zamora (6-4). O conxunto branco está situado na cuarta praza, lugar que podería perder ante o Trepalio a fin a de semana do 20, xa que está por baixo un punto.

Os brancos xogaron os primeiros minutos con ataques que se impoñían ás defensas e así chegaron a ter catro goles (dous por cada equipo) aos catro minutos de xogo. Co paso do tempo, o partido foise asentando para chegar ao descanso co empate a 3.

Na segunda parte o Keeper Galicia subiu o nivel, tanto defensivo como en ataque, o que levou ao equipo a distanciarse por 3 goles, no que sería o punto decisivo para o partido. O rival intentouno con porteiro xogador pero non xerou perigo.

Consulta aquí a clasificación  

Foi precisamente o Treplio o que derrotou ao Ribeira esta fin de semana por 8-3. O equipo leonés levouse a vitoria grazas a un gran xogador, Javier, moi determinante no equipo e cun gran golpeo. A pesar diso o Trepalio puxo a eficacia e o Ribeira o xogo, xa que estiveron moi ben, na que amosaron a evolución do equipo dende o inicio da tempada.

Difícil duelo que se deixou terminar sen arriscar. Agora o Ribeira terá como meta o Tres Columnas, que está a tres puntos e ante o que intentará defender a novena posición xa que está dous puntos por abaixo. Terá ao seu favor xogar na casa.

TREPALIO 8 - 3 RIBEIRA

Trepalio León Sala: Jorge (1), Pablo (1), Daniel, Hugo, Javier (3), Juan, Rubén. (1), Jaime, Darío, Víctor, Javier, David e José Luis (1). Un en propia do rival.
Club Ribeira Fútbol Sala: Joan Manuel, Unai (1), Alejandro, Roi (1), Gabriel, Xabier, Érik, Jeray e Pablo. Un en propia do rival.
Cancha: Palacio dos Deportes de León.

KEEPER GALICIA 6 - 4 ZAMORA

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Manu, Caloto (2), Hugo, Pedro (1), Iván, Daniel (1), David (1), Lucas, Raúl e Luisma (1).
CD River Zamora FS: Oscar (1), Álex (2), Marcos, Azael, Rubén, Jaime, Carlos, Víctor, Edu e Christian (1).
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultados xornada 25

Trepalio 8-3 Ribeira
Parrulo 4-6 Segovia
Vigo 4-9 Valladolid
Laguna 1-11 Pontevedra
Salamanca 2-7 5 Coruña
Keeper Galicia 6-4 Zamora
  D Tres Columnas

Próxima xornada

Ribeira - Tres Columnas
Segovia - Trepalio
Valladolid - Parrulo
Pontevedra - Vigo
5 Coruña - Laguna
Zamora - Salamanca
  D Keeper Galicia