División de Honra Xuvenil
Perderon esta fin de semana os dous equipos da máxima categoría xuvenil, o Ribeira en casa e o Keeper Galicia a domicilio.
Os ribeiraos, que confirmaron a súa continuidade polo reaxuste do calendario por parte da Federación Española de Fútbol, caeron ante o Parrulo por 2-6 nun partido competido no que o rival, que está quinto na clasificación, chegou ao descanso con dous goles por riba.
Tralo paso por vestiarios o rival aínda meteu dous máis antes de que o Ribeira conseguise romper a súa defensa. O quinto do rival entrou a continuación deixando ao Ribeira os dous últimos tantos, a seis minutos do final, un para a súa conta e outro en propia porta.
O Keeper Galicia caeu de forma abrumadora ante o 5 Coruña por 7-1 nun duelo no que o equipo local mostrou a súa intensidade. O 5 Coruña foi contundente desde os primeiros minutos marchando ao descanso cun 3-0 claro no marcador. Aínda que partiron igualados en xogo o primeiro gol marcou a diferenza.
Á volta de vestiarios o local seguiu a abrir fenda e co sexto tanto o Keeper Galicia tivo a oportunidade de inaugurar o marcador pero o 5 Coruña marcou o sétimo sobre a bucina. Dende o cuarto gol o conxunto lugués xogou de 5 buscando a posesión pero non conseguiron xerar ocasións de gol e nas transicións o local facía moito dano.
RIBEIRA 2 - 6 PARRULO
Gairesa O Parrulo FS: Borja (1), Mateo (1), Mathias, Íker, Asier, Pablo, Yerai, Víctor, Adrián (2), Lois e Alejandro (1). Un en propia do Ribeira.
Cancha: Municipal de Lugo.
5 CORUÑA 7 - 1 KEEPER GALICIA
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Javi, David, Pedro, Teo (1), Iván, Caloto, Hugo Díaz, Seco, Hugo Figueroa, Dani, Luisma e Lucas.
Cancha: Barrio das Flores.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Resultados xornada 24
Tres Columnas | 3-6 | Trepalio |
Ribeira | 2-6 | Parrulo |
Segovia | 6-2 | Vigo |
Valladolid | A | Laguna |
Pontevedra | 7-3 | Salamanca |
5 Coruña | 7-1 | Keeper Galicia |
D | Zamora |
Próxima xornada
Trepalio | - | Ribeira |
Parrulo | - | Segovia |
Vigo | - | Valladolid |
Laguna | - | Pontevedra |
Salamanca | - | 5 Coruña |
Keeper Galicia | - | Zamora |
D | Tres Columnas |
División de Honra Cadete
Finalmente no duelo a morte entre o Ribeira e o Burela, o título quedou en Lugo tras gañar o local 8-3 un partido que foi moito máis igualado que o que reflicte o marcador.
Foi o Burela o que comezou marcando con dous goles tempraneiros cun xogo conservador e sendo o Ribeira o que arriscaba máis.
Nunha xogada moi boa o Ribeira logrou marcar o primeiro e xusto antes do descanso empataron a 2.
Saíron ben os locais na segunda que se puxeron 3-2. Arriscaron algo máis e foi así como o Burela marcou o gol do empate. Cando parecía que o partido ía quedar sentenciado, co que o resultado beneficiaba ao equipo laranxa, sacaron de centro os do Ribeira e marcaron o 4-3 e co porteiro xogador do rival o local ampliou a vantaxe ata o 8-3 co que remataron xa que practicamente balón que collían o convertían en gol.
O Keeper Galicia non xogou xa que tiña descanso e finaliza a competición situado na décima posición e conservando a categoría.
RIBEIRA 8 - 3 BURELA
Pescados Rubén Burela: Gabriel, Mateo, Iago D, Iago L (1), David (1), Unai, Borja, Jocelino. (1), Walter, Pedro, Hugo e Raúl.
Cancha: Municipal de Lugo.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE |
---|
Resultados xornada 26
Ribeira | 8-3 | Burela |
Ventorrillo | 6-4 | Stellae |
Bueu | 4-0 | Parrulo A |
Sala Ourense | 1-4 | Hércules |
Narón | D | 5 Coruña |
D | Keeper Galicia |