División de Honra Xuvenil
Como o Keeper Galicia adiantou o seu duelo á pasada fin de semana que había descanso, o Ribeira foi o encargado de traer os puntos para a provincia. Tiña unha obriga o equipo lugués para conservar a categoría que era a necesidade de gañarlle ao Laguna. Misión cumplida.
9-2 foi o resultado co que o lugueses sentenciaron do duelo na casa co Laguna e dan un paso máis cara a salvación. Entraron con forza os de Arcadio, que se puxeron cun gol no primeiro minuto e 4 antes dos dez. 5-1 foi o resultado ao descanso e no tramo final engrosaron o resultado con dous goles nos dous últimos minutos.
RIBEIRA 9 - 2 LAGUNA
Laguna FS VV: Pablo, Marco, Miguel, Álvaro (1), Diego (1), Javier e Javier N.
Cancha: Municipal de Lugo.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Resultados xornada 22
Trepalio | 7-4 | Parrulo |
Tres Columnas | 9-2 | Vigo |
Ribeira | 9-2 | Laguna |
Segovia | 2-3 | Salamanca |
Pontevedra | 10-2 | Zamora |
D | 5 Coruña |
Próxima xornada
Parrulo | - | Tres Columnas |
Vigo | - | Ribeira |
Laguna | - | Segovia |
Salamanca | - | Valladolid |
Keeper Galicia | - | Pontevedra |
Zamora | - | 5 Coruña |
D | Trepalio |
División de Honra Cadete
O Burela logrou os tres puntos esta fin de semana a domicilio ante o 5 Coruña cun apertado marcador de 4-5. O encontro foi de cor laranxa dende o principio e aos 10 minutos a vantaxe estaba en 0-3. Pasou factura a confianza nese momento, xa que o rival aproveitou para irse arriba pero controlaron o resultado para ise ao desacanso 1-4.
Na segunda parte o rival foi moi superior e o Burela centrouse en defender e só logrou sumar o quinto gol. O cuarto do rival veu xa ao final de todo nun erro moi grave dos laranxas, que meteron directo desde córner.
O derbi lugués foi para o Ribeira, que superou ao Keeper Galicia por 6-2. Deste modo os ribeiraos manteñen unha semana máis o posto de prata. Os brancos acudiron con moitas baixas pero ofreceron unha forte resistencia na primeira parte, que rematou con 3-1.
Na segunda o Keeper Galicia perdeu a un xogador e a vantaxe supuxo un respaldo ao xogo do Ribeira que non dubidou en marcar e asegurar a vitoria.
RIBEIRA 6 - 2 KEEPER GALICIA
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo S, Javier (2), Diego, Hugo F, Gael, Ángel e Jorge.
Cancha: Municipal de Lugo.
5 CORUÑA 4 - 5 BURELA
Pescados Rubén Burela: Gabriel, Mateo, Jocelino, Iago (4), David (1), Brais, Borja, Walter, Pedro, Iago, Hugo e Raúl.
Cancha: San Francisco Javier.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE |
---|
Resultados xornada 24
5 Coruña | 4-5 | Burela |
Narón | 1-3 | Stellae |
Ribeira | 6-2 | Keeper Galicia |
Ventorrillo | 3-6 | Parrulo A |
Bueu | 7-4 | Sala Ourense |
D | Hércules |
Próxima xornada
Burela | - | Narón |
Stellae | - | Ribeira |
Keeper Galicia | - | Ventorrillo |
Hércules | - | Bueu |
Sala Ourense | D | 5 Coruña |
D | Parrulo A |