O Keeper Galicia cae goleado co líder, o Valladolid en partido adiantado

O equipo branco cadete logra a salvación matemática mentres o Ribeira non aproveita o descanso do Burela e empata co Parrulo

División de Honra Xuvenil

Derrota cuantiosa do Keeper Galicia ante o líder da clasificación, o Valladolid, por 7-1 en xornada adiantada xa que esta fin de semana tocaba descanso.

Empezaron ben os brancos, cun gol nos primeiros segundos de partido, pero a partir de aí, todo cambiou e o control do duelo foi para o Valladolid, xa que o Keeper Galicia non era capaz de saír da presión e eles xeraban perigo en cada ataque. Deste modo chegaron ao descanso 4-1.

Na segunda, o dominio foi dos locais e o equipo branco quedou anulado, case sen ocasións de gol. Así aumentaron a distancia ata o 7-1.

Consulta aquí a clasificación  

VALLADOLID 7 - 1 KEEPER GALICIA

Valladolid Tierno Galván UEMC: Nacho, Dani, Diego, Isma, Víctor, Alvaro, Andrés, Alvaro, Pablo, Eduardo 4 Pablo.
ADC Keeper Galicia: Seco, Raúl, Pablo, Teo, Lucas, Caloto, Mauro, Dani, Pedro, David e Iván.
Cancha: Lalo García.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultado adiantado

Valladolid 7 - 1 Keeper Galicia

    Próxima xornada

Trepalio - Parrulo
Tres Columnas - Vigo
Ribeira - Laguna
Segovia - Salamanca
Pontevedra - Zamora
  D 5 Coruña

 

División de Honra Cadete

Xornada de descanso para o Burela, que mantén o liderado, seguido de preto polo Ribeira, que non puido aproveitar a ocasión e só foi quen de sumar un punto empate co Parrulo. Empezaron os locais por diante cun gol antes da pausa e o marcador se mantivo tranquilo ata dez minutos antes do final.

O Ribeira logrou o empate a 1, pero comezaron unha carreira de goles alternativamente ata o 3-3, que entrou sobre a bucina, para romper a superioridade no marcador do local.

Consulta aquí a clasificación

A vitoria foi para o Keeper Galicia, que se levou os tres puntos ante un Narón que o supera na táboa por 20 puntos. Partido moi disputado no que a igualdade reinou na primeira metade, onde a falta de segundos para o descanso, lograron empatar os visitantes.

Na segunda o Narón saiu a pista igual de intenso que na primeira parte e gozou de boas ocasións de gol. O Keeper Galicia non se viu abaixo e tamén seguiu dando guerra. Dous goles de Javi poñen ao Keper con clara vantaxe a falta de 5 minutos. Nos últimos segundos apertou o visitante para levarse un gol pero deixar en Lugo os tres puntos.

Deste modo o Keeper Galicia logra a salvación matemática.

KEEPER GALICIA 4 - 3 NARÓN

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo (1), Javier (2), Diego (1 de penalti), Sergio, Íker, Gael, Jesús, Pablo e Iago.
SDCyR Narón O Freixo: Thiago, Hugo, Rafael (1), Alexandre, Jorge, Pablo, Martín (1), Diego, Marcos (1) e Mateo.
Cancha: O Palomar.

PARRULO A 3 - 3 RIBEIRA

Norterra Parrulo A: Lois. Antón, Guillermo (1), Alejandro. (1), Adrián (1), Diego, Alexandre F, Alexandre R e Jorge.
Ribeira Fútbol Sala: Iago, Pablo, Aimar (2), Cristian, Saúl (1), Uriel, Hadrian, Roberto e Jaime.
Cancha: Esteiro.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 23

Stellae 4-2 5 Coruña
Keeper Galicia 4-3 Narón
Parrulo A 3-3 Ribeira
Hércules 7-5 Ventorrillo
Bueu D Sala Ourense
  D Burela

   Próxima xornada

5 Coruña - Burela
Narón - Stellae
Ribeira - Keeper Galicia
Ventorrillo - Parrulo A
Bueu - Sala Ourense
  D Hércules