O Keeper Galicia recupera a terceira praza cunha nova vitoria e o Ribeira perde tras un gran duelo

O Burela volve ao liderado da cadete nun emocionante duelo que gañou pola mínima. O Ribeira, segundo, tamén venceu por un gol

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia recupera a terceira praza da clasificación xeral, agora seguro de que non ten opcións de perder a categoría pero si de loitar polo título.

Venceu esta fin de semana ao Segovia, equipo da zona media por 5-1. O conxunto comezou o duelo co control do partido tendo o balón en todo momento polo que xa marcou o primeiro tanto aos tres minutos de xogo. Despois do tanto igualouse a contenda pero sendo mellores os brancos. Ao final foron ao descanso 2-1.

O Keeper Galicia non tardou nin un minuto en marcar na reanudación polo que con esta tranquilidade relaxaron o xogo e mantiveron un férreo control. Conseguiron distanciarse con dous goles máis e o rival sacou porteiro xogador. Creou perigo pero non logrou materializar.

Consulta aquí a clasificación  

O Ribeira caeu co Salamanca pero tivo moi preto o empate e mesmo a vitoria, en especial na primeira parte, na que se foron ao descanso gañando 3-4. O local marcou cedo dous goles pero os lugueses utilizaron o 5x4 para levantar o resultado ata superalos.

Na segunda pasou factura novamente a falta de efectivos, xa que ten 4 lesionados, e chegaron moi xustos ao final. O rival utilizou un gol de estratexia para recuperar a igualdade pero os paus frustraron as opcións do lugueses en varias ocasións. O último tanto, do visitante, entrou a falta de 40 segundos.

O Ribeira está fóra do descenso provisionalmente pero ten opcións de conservar a categoría nos cinco partidos que lle restan.

SALAMANCA 6 - 4 RIBEIRA

Pixel &. Home FS Salamanca: Daniel, Marcos (1), Daniel (2), Adrián, Raúl, Hugo, Pepe, Sergio, Julio, Sergio e David (3).
Ribeira Fútbol Sala: Joan, Unai (2), Xabier, Erik (1), Jeray, Uriel, Cristian (1), Roi, Antón e Gabriel.
Cancha: La Alamedilla.

KEEPER GALICIA 5 - 1 SEGOVIA

ADC Keeper Galicia: Seco, Raúl (2), Dani, Teo (1), Lucas, Caloto, Mauro, Luisma, Javi, Pedro, David e Iván (1).
CD San Cristóbal de Segovia: Juan, Daniel, Alejandro, Joel, Álex, Samuel, David, Diego, Hugo, Marco e Hugo Sebastián.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultada xornada 22

Vigo 4-9 Trepalio
Laguna 4-1 Tres Columnas
Salamanca 6-4 Ribeira
Keeper Galicia 5-1 Segovia
Zamora 0-7 Valladolid
5 Coruña 6-2 Pontevedra
  D Parrulo

    Próxima xornada

Trepalio - Parrulo
Tres Columnas - Vigo
Ribeira - Laguna
Segovia - Salamanca
Valladolid - Keeper Galicia
Pontevedra - Zamora
  D 5 Coruña

 

División de Honra Cadete

O Burela, que recuperou un dos partidos pendentes con vitoria volve gobernar dende o alto da clasificación. Venceu en partido adiado ao Stellae por 4-3 e cun emocionante e apurado final.

O duelo estivo moi diferenciado en cada unha das súas partes. Os mariñaos dominaron na primeira e puxéronse 2-0 cedo. O rival, logrou empatar a falta de 50 segundos para a pausa en dous erros defensivos graves e tras unha criticada xestión arbitral.

Na segunda, foi o Stellae o que comezou dominando e adiántase nunha perda na saída dun balón. A partir de aí o partido foi de ti a ti e puido ir para calquera lado. Nunha estratexia executada perfecta empataron 3-3 e despois, faltando 1:24 o rival quedou con tres xogadores. Aproveitou o Burela a circunstancia para efectuar dous ataques moi rápidos sen perigo e no terceiro, a estratexia volve saír perfecta e meten o 4-3.

Nos últimos 50 segundos defendéronse do 5x4 sen ocasións para ningún dos dous equipos.

Consulta aquí a clasificación

Xusto por debaixo quedou o Ribeira, que venceu ao Hércules pola mínima diferenza e queda tres puntos por baixo do Burela pero cun partido menos. Os de César, que volven estar acosados polas baixas, conseguiron romper unha xeira de oito vitorias consecutivas do rival.

Plantexaron os lugueses un partido na procura do ataque mentres o rival apostou pola defensa e saída ás contras. Nesta dinámica desenvolveuse o duelo cun par de oportunidades claras do Ribeira que non entraron polo que ao descanso seguía a seca de goles.

No regreso e coa mesma dinámica, Aimar logra romper a tendencia cunha xogada individual que acaba entre os tres paus do rival. Empatou o rival a falta de nove minutos e no que foi o seu primeiro tiro a porta do partido.

Como o empate non valía, o Ribeira tirou con todo cara adiante e foi pola vitoria polo que cando faltaba pouco máis dun minuto logra o gol da vitoria, optando despois por defenderse do 5x4 sen problemas.

Pola súa banda, o Keeper Galicia caeu ante o 5 Coruña po 6-2. Comezaron mal os brancos, con moitos erros e unha importante falta de puntería polo que en 5 minutos xa estaban un 4-0 de desvantaxe. Refixéronse e lograron marcar antes do descanso e con esperanza de dar a volta á situación.

No regreso, os brancos traballaron duramente para sacar de renda un segundo gol, que os metía no partido. Estiveron moi intensos no ataque pero frouxos en portería polo que acabaron encaixando dous goles máis. 

BURELA 4 - 3 STELLAE (adiado)

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo (1), Pedro (1), Iago (2), David, Unai, Borja, Jocelino, Walter, Iago, Hugo e Raúl.
Stellae FS La Hacienda House.com: Raúl, Hugo M, Xavi (1), Mateo, Oliver, Hugo S, Marco (1), Adrián, Anxo, Gabriel, Luis (1) e André.
Cancha: Vista Alegre.

5 CORUÑA 6 - 2 KEEPER GALICIA

Academia 5 Coruña FS: Miguel, Leo (1), Tomás, Alejandro, Rodrigo (1), Nicolás, Sergio, Manuel (1), Pablo (1), Anxo, Brais e Iago (1).  Un en propia do Keeper.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Íker, Javier, Gael, Jesús, Iago (1), Alejandro, Hugo S, Marcos, Pablo (1), Hugo F e Jorge.
Cancha: San Francisco Javier.

RIBEIRA 2 - 1 HÉRCULES

Ribeira Fútbol Sala: Iago, Andrés, Hadrian, Aimar (1), Mateo, Cristian, Pablo, Uriel (1) e Javier.
Hércules Sport Sala FS: Yago, Lucas (1), Daniel, Pablo, Sergio, Fabio, Gerardo e Daniel.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 22

5 Coruña 6-2 Keeper Galicia
Narón 3-3 Parrulo A
Ribeira 2-1 Hércules
Ventorrillo 4-5 Bueu
Burela D Sala Ourense
  D Stellae
Burela 4-3 Stellae

   Próxima xornada  

Stellae - 5 Coruña
Keeper Galicia - Narón
Parrulo A - Ribeira
Hércules - Ventorrillo
Bueu D Sala Ourense
  D Burela