O Keeper Galicia faise cos tres puntos no derbi provincial nun duelo moi complicado

O Burela cadete, que recupera o liderado de forma provisional, asolou na pista e un reducido Ribeira suma un punto co colista

División de Honra Xuvenil

No segundo derbi provincial da categoría o Keeper Galicia levouse os tres puntos pero foi un duelo complicado no que o Ribeira non se quedou atrás.

Na primeira parte o Ribeira adiantouse rápido polo que o seu plan de partido funcionou mentres que o Keeper Galicia controlaba o balón pero non estaba cómodo. Con ese único gol foron ao descanso polo que na segunda o Keeper cambiou o sistema de ataque e comezou a xerar algo de perigo provocando nun minuto que o marcador dera a volta ata o 1-2 grazas ao dobrete de Teo.

Nos minutos finais, o Ribeira probou co 5 para 4, xerou un par de ocasións pero non logrou o empate.

Consulta aquí a clasificación  

RIBEIRA 1 - 2 KEEPER GALICIA

Ribeira Fútbol Sala: Joan, Unai, Xabier (1), Erik, Jeray, Javier, Antón, Lucas e Gabriel.
ADC Keeper Galicia: Seco, David, Pablo, Teo (2), Lucas, Caloto, Mauro, Dani, Pedro, Raúl e
Iván.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultada xornada 20

Parrulo 9-1 Vigo
Trepalio 7-1 Laguna
Tres Columnas 4-4 Salamanca
Ribeira 1-2 Keeper Galicia
Segovia 7-1 Zamora
Valladolid 5-6 5 Coruña
  D Pontevedra

Próxima xornada 

Salamanca - Vigo
Keeper Galicia - Parrulo
Zamora - Trepalio
5 Coruña - Tres Columnas
Pontevedra - Ribeira
Valladolid - Segovia
  D Laguna

    

División de Honra Cadete

Xornada moi desigual para os equipos da provincia. O Keeper Galicia no xogou porque tiña descanso e logo o Burela, que volve estar líder provisionalmente, goleou de forma indiscriminada mentres o Ribeira só sacou un punto contra o Bueu.

Superioridade clara do Burela sobre o Sala Ourense, ao que asolou na pista para finalizar cun 0-12. Dende o minuto 1 o equipo laranxa non deixou de acosar a porta contraria e xa finalizou na primeira ocasión, no primeiro minuto. No descanso xa estaban 5 arriba e o sexto xa foi xusto á volta polo que non quedou moito por engadir.

O Ribeira, pola contra, só sacou un punto do duelo co Bueu, colista do grupo. Pesou moito a falta de xogadores do primeiro equipo, que foron suplidos tamén por varios infantís, moitos deles de estrea na categoría e que fixeron un gran papel.

A mala sorte na finalización do equipo lugués pasou factura dende o inicio polo que mentres na cancha había igualdade, no marcador o Bueu despuntaba, chegando 2-0 ao descanso.

Comezaron a segunda parte encaixando o terceiro pero non deixaron de apertar ao rival polo que acaban marcando un penalti a favor que pasa a ser o primeiro gol. Xa preto do final, tres goles en rápida sucesión poñen o marcador en 4-3 co rival xa con moitos nervos. Finalmente marcan a dous minutos da bucina e incluso tiveron algunha opción de gañar pero non foi así.

SALA OURENSE 0 - 12 BURELA

Sala Ourense 2014: Iñaqui, Iago, Jorge, Diego, Sergio, Marco, Antón, Juan, Hugo e Jacobo.
Pescados Rubén Burela FS: Brais, Mateo (1), Pedro (2), Iago (4), David (3), Unai, Gabriel, Jocelino, Walter, Raúl (1) e Nicolás (1).
Cancha: Oira.

 

BUEU 4 - 4 RIBEIRA

ADFS Bueu Lambonadas A de Dina: Mateo, Aitor, Javier F, Breixo (1), Javier O (1), Jorge (1) e Raúl (1).
Ribeira Fútbol Sala: Iago, Pablo M, Roi (1), Cristian (2), Pablo D, Hugo e Marco (1).
Cancha: Municipal de Bueu.

 

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 21

Sala Ourense 0-12 Burela
Parrulo A S 5 Coruña
Hércules 6-1 Narón
Bueu 4-4 Ribeira
Keeper Galicia D Stellae
  D Ventorrillo

   Próxima xornada  

5 Coruña - Keeper Galicia
Narón - Parrulo A
Ribeira - Hércules
Ventorrillo - Bueu
Burela D Sala Ourense
  D Stellae