O Ribeira levantou ante o Zamora un 3-0 en contra no único partido que se xogou a fin de semana

O resto da categoría xuvenil xa se disputou en febreiro. Na cadete suspendeuse o encontro do Burela ao coincidir co Campionato de España de Seleccións Autonómicas
DHX_Ribeira-Valladolid_Noe-6
photo_camera DHX_Ribeira-Valladolid_Noe-6

División de Honra Xuvenil

O Ribeira visitou a cancha do Zamora para celebrar o único partido da fin de semana xa que o resto xa se disputaron no mes de febreiro. O equipo de Arcadio volveu facer unha gran xesta ao levantar un 3-0 en contra e acabar vencendo por 4-7.

Mala sorte tiveron os de Lugo que xogando mellor non conseguían estrearse no marcador ata que se abriu camiño e acabaron metendo tres seguidos para chegar empatados ao descanso.

Na segunda metade o Ribeira seguiu por diante e malia que o local xogou de cinco e achegouse no marcador non foi quen de romper a xeira luguesa, xa que foron moi superiores e incluso aproveitaron unha superioridade para marcar.

Un resultado que supón un respando para o equipo, xa que está tendo moi mala sorte coas lesións. Vén de reciperar a Antón pero Mael están pendente de sentenza médica.

Con este resultado saen da zona de descenso 

Consulta aquí a clasificación  

ZAMORA 4 - 7 RIBEIRA

CD River Zamora FS: Jaime, Alejandro (1), Axel, Christian, Pablo, Aritz (3), Carlos, Marcos, Víctor, Rubén, Eduardo e Jorge.
Ribeira Fútbol Sala: Joan Manuel, Uriel, Érik (2), Jeray, Gabriel (3), Unai (1), Xabier, Roi, Antón (1) e Lucas.
Cancha: Manuel Camba.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultada xornada 19

Zamora 4-7 Ribeira

Próxima xornada 

Parrulo - Vigo
Trepalio - Laguna
Tres Columnas - Salamanca
Ribeira - Keeper Galicia
Segovia - Zamora
Valladolid - 5 Coruña
  D Pontevedra

    

División de Honra Cadete

Non xogaron os equipos da provincia esta fin de semana. O Ribeira e o Keeper Galicia tiñan xornada de descanso e o Burela suspendeu o duelo co Stellae xa que coincidiu coa celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 20

Burela S Stellae
5 Coruña 3-3 Hércules
Narón S Bueu
Ventorrillo 11-4 Sala Ourense
Parrulo A D Ribeira
  D Keeper Galicia

Próxima xornada  

Sala Ourense 0-11 Stellae
Keeper Galicia 2-4 Burela
Bueu 4-5 5 Coruña
Ventorrillo 1-8 Ribeira
Parrulo A D Narón
  D Hércules