O Keeper Galicia suma un punto a domicilio ante o Trepalio mentres o Ribeira cae goleado na casa

O Burela vence ao Lugo Sala e o Ribeira golea ao Ventorrillo na cadete, como claros aspirantes, ambos, ao título

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia sumou un punto esta fin de semana ante o Trepalio de León, equipo do que están distancias catro puntos. 

Primeira parte claramente dominada polo equipo local onde os brancos non puideron contrarrestar o xogo, o que se viu reflectido no marcador coa distancia de dous goles cos que chegaron ao descanso (3-1).

Na segunda empezaron moito mellor e foron capaces de igualar o encontro completando Teo o seu hat trick, pero o marcador xa non se movería máis malia dispoñer de ocasións claras para os dous equipos.   

Consulta aquí a clasificación

Pola súa banda, o Ribeira foi vapuleado na casa polo 5 Coruña, que levou o marcador ata o 0-10. O equipo lugués pagou caro o despiste co que entrou á cancha que significou catro goles en contra en 7 minutos. Co quinto pouco despois refíxose a protexeu a portería ata os últimos minutos cando a conta descontrolouse.

TREPALIO 3 - 3 KEEPER GALICIA

Trepalio León Sala: Jorge, Pablo, Daniel (2), Carlos, Javier, Juan, Jaime, Darío, Javi, Amaro, Hugo (1) e José Luis.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, David, Pablo, Teo (3), Lucas, Caloto, Mauro, Dani, Pedro, Raúl e Iván.
Cancha: PM Hispánico.   

RIBEIRA 0 - 10 5 CORUÑA

Ribeira Fútbol Sala: Joan Manuel, Alejandro, Xabier, Jeray, Gabriel, Unai, Uriel, Roi, Javier, Antón, Lucas e Cristian.
5 Coruña FS A: Alejandro (3), Lukas, Álvaro (2), Diego (1), Iván, Jaime (1), Álvaro, Gonzalo (2), Jairo (1), Matías, Javier e Marco.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultada xornada 18

Vigo 11-4 Laguna
Parrulo 3-3 Salamanca
Trepalio 3-3 Keeper Galicia
Tres Columnas 7-4 Zamora
Ribeira 0-10 5 Coruña
Segovia 6-5 Pontevedra
  D Valladolid

    Próxima xornada

Zamora - Ribeira
  D Vigo

 

División de Honra Cadete

O Burela e o Ribeira seguen no seu plan de recuperar o liderado que agora ten o Stellae só un punto por riba dos laranxas e dous dos ribeiraos.

O equipo da capital venceu contundentemente ao Ventorrillo por 1-8. O equipo que dirixe César xa está recuperando a forma trala paulatina incorporación dos xogadores que estiveron de baixa. Abriu Aimar a xeira anotadora no minuto 1 e no 6 metía o segundo. Ata case a pausa non chegou o terceiro, tras a estrea do Ventorrillo.

Na segunda, o Ribeira foi aínda máis claro ata ampliar a vantaxe ao 1-8 do final.

O derbi do Keeper Galicia co Burela en Lugo permite ao equipo laranxa manterse no posto de prata tras un partido moi físico no que os brancos estiveron moi ben, serios en defensa e con boas saídas en transición o que lles levou a adiantarse no marcador rápido. Non sería ata preto do descanso que o Burela logrou o empate.

O inicio da segunda metade o Keeper baixou o ritmo e o Burela aproveitou para poñerse por diante aínda que volveron empatar os brancos. A partir de aí houbo ocasións para os dous equipos pero foron os mariñaos os que se levaron o gato a auga e levantaron o marcador ata o 2-4 do final, que se mantivo sen moverse 15 minutos. Os brancos tiveron varios paus e con porteiro xogador non conseguiron marcar.

.

KEEPER GALICIA 2 - 4 BURELA

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Javier (2), Gael, Sergio, Pablo, Íker, Hugo S, Jesús, Hugo F, Adrián e Iago.
Pescados Rubén Burela: Brais, Mateo, Pedro (1), Iago (2), David (1), Gabriel, Borja, Jocelino, Walter, Hugo e Raúl.
Cancha: Municipal de Lugo.   

VENTORRILLO 1 - 8 RIBEIRA

Distrito Ventorrillo: Jorge, Santiago (1), Gonzalo, Nicolás, Hugo, Adolfo, Javier e Aarón.
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Andrés, Aimar (3), Mateo, Saúl (4), Pablo, Sergio, Roberto e Uriel (1).
Cancha: Labañou.

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 19

Sala Ourense 0-11 Stellae
Keeper Galicia 2-4 Burela
Bueu 4-5 5 Coruña
Ventorrillo 1-8 Ribeira
Parrulo A D Narón
  D Hércules

   Próxima xornada  

Burela - Stellae
5 Coruña - Hércules
Narón - Bueu
Ventorrillo - Sala Ourense
Parrulo A D Ribeira
  D Keeper Galicia