O Burela perde o liderado cadete nun mal partido e o Ribeira achégase cunha goleada

Sen competición unha semana máis debido ás competicións nacionais na liga xuvenil

División de Honra Xuvenil

A competición retomarase a fin de semana próxima xa que deixáronse libres estas dúas fins de semana para as competicións nacionais. O Keeper Galicia ocupa unha cómoda quinta praza mentres o Ribeira está no primeiro escano do descenso.

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Próxima xornada (18/02)

Salamanca - Vigo
Keeper Galicia - Parrulo
Zamora - Trepalio
5 Coruña - Tres Columnas
Pontevedra - Ribeira
Valladolid - Segovia
  D Laguna

    

División de Honra Cadete

O Ribeira aproveitou a xornada para achegarse aos postos altos aproveitando ao derrota do Burela que cae á segunda praza.

O equipo laranxa non estivo moi ben e non foi quen de facer fronte a un Parrulo A que acudiu ao partido a por todas. Na primeira parte estiveron ben os de Fustes, xa que xogaron, levaron a iniciativa e firmaron un 3-1 no marcador que daba seguridade. Sen embargo na segunda houbo unha caída xeralizada do xogo, seguindo a dinámica dos últimos partidos. Deste modo, o marcador deu a volta e deixaron ir o partido, con dous goles do rival  nos últimos minutos cando todo parecía decidido xa.

Consulta aquí a clasificación

Achégase polo tanto o Ribeira, que esta fin de semana si aproveitou a ocasión para levarse os tres puntos que lle permiten poñerse a tiro de pedra do liderado, do que o separan dous puntos.

Os ribeiraos enfrontáronse a un equipo de abaixo, o Sala Ourense, e notouse o cambio de ritmo do Ribeira, que xa recupera algúns dos xogadores que tiña de baixa para finalizar 8-2.

Foron inclementes os locais que marcaron dous goles xa nos dous primeiros minutos, obra de Saúl. Antes do descanso xa estaban 5-1 e tras regresar e xusto volver marcar, remataron a conta nos minutos finais.

Na parte morna da táboa queda o Keeper Galicia, que caeu derrotado ante o novo líder do grupo, o Stellae. Acudiu á cita novamente con moitas baixas o equipo lugués pero non se amilanaron os brancos ante o rival e pecharon filas para lograr o obxectivo de deixar a portería a cero.

Non puido ser así. Concederon moito polo que ao final encaixaron tres goles antes da pausa. Nunha superioridade logran marcar arriscando en defensa e acaban sacando porteiro xogador para ter máis posesión pero nun erro encaixan o cuarto, o cual sentencia o partido. A falta de segundos e co porteiro xogador marca o Stellae o último.

STELLAE 5 - 1 KEEPER GALICIA

Stellae FS-La Hacienda House.com: Raúl, Hugo, Anxo (1), Mateo, Luis (1), Marco, Adrián, Anxo, Xavi, Oliver (1), André (2) e Unai.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Adrián F, Marcos, Sergio (1), Pablo, Alejandro, Gael, Hugo, Adriñan S e Iago.
Cancha: Grupo Escolar.   

BURELA 5 - 7 PARRULO

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel,  Mateo, Pedro, Iago D, David (2), Brais, Jocelino, Walter, Iago L (3) e Raúl.
Norterra O Parrulo A: Diego, Antón (1), Alejandro (1), Gael (1), Adrián (1), Jesús (2) e Yago (1).
Cancha: Vista Alegre.

RIBEIRA 8 - 2 SALA OURENSE

Ribeira FS: Cristian, Andrés (1), Sergio (1), Mateo (1), Saúl (2), Iago, Pablo (1), Javier (1), Hadrian (1) e Roberto.
Sala Ourense 2014: Iñaqui, Hugo, Jorge (1), Diego, Juanjo, Marco, Antón, Mateo, Sergio, Brais (1) e Iago.
Cancha: Somos Fútbol.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 18

Stellae 5-1 Keeper Galicia
Burela 5-7 Parrulo A
Narón 7-4 Ventorrillo
Ribeira 8-2 Sala Ourense
5 Coruña D Hércules
  D Bueu

Próxima xornada  

Sala Ourense - Stellae
Keeper Galicia - Burela
Bueu - 5 Coruña
Ventorrillo - Ribeira
Parrulo A D Narón
  D Hércules