O Ribeira perdeu a ocasión de recuperar o liderado cadete nunha xornada aciaga para os da provincia

O Keeper Galicia venceu ao Tres Columnas no partido adiantado de marzo na fin de semana de descanso da competición pola celebración da Copa de España
XUV MAS CASÁS-BURELA3
photo_camera XUV MAS CASÁS-BURELA3

División de Honra Xuvenil

Hoxe tocaba descansar na categoría debido á celebración da Copa de España en Granada, sen participación luguesa. En principio están previstas dúas semanas de pausa, pero adiantáronse cinco partidos da xornada 19, prevista para o 3 de marzo. 

O Ribeira foi un dos que non adiantou pero si o fixo o Keeper Galicia, que venceu na casa ao Tres Columnas (4-3). Na primeira parte foron claros dominadores os brancos pero non acababan de rematar a gol as oportunidades das que dispoñían polo que foi o rival o que se puxo por diante, aínda que o Lugo Sala recuperou antes da pausa co 3-2.

Na segunda, non mudou o guión e faltou definición polo que o resultado apertouse ao final aínda que se levaron os tres puntos malia o sufrimento dos minutos finais.

KEEPER GALICIA 4 - 3 TRES COLUMNAS

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Caloto, Pablo (1), Teo (1), Lucas, Raúl (2), Dani, Luisma, Pablo, Mikel, Yerai e Iván.
CD Tres Columnas: Juan Antonio, Yassin (1), Carlos, Aitor (1), Álvaro (1), José Alberto, Fran, Víctor, Paul e Pablo.
Cancha: Municipal de Lugo.   

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Resultados xornada 19 adiantada

Salamanca 9-8 Trepalio
Laguna 5-5 Parrulo
Keeper Galicia 4-3 Tres Columnas
5 Coruña 6-3 Segovia
Pontevedra 5-5 Valladolid

Próxima xornada (18/02)

Salamanca - Vigo
Keeper Galicia - Parrulo
Zamora - Trepalio
5 Coruña - Tres Columnas
Pontevedra - Ribeira
Valladolid - Segovia
  D Laguna

    

División de Honra Cadete

Tres derrotas para a provincia na categoría. Perdeu o líder, que aínda así mantén posición e tamén o Ribeira, que tiña opcións de facerse coa praza na que se mantivo varias semanas na primeira volta.

O Burela caeu co Hércules a domicilio 4-2. Os burelaos dominaron na primeira parte e de feito foron ao descanso 0-1 e tras deixar pasar ocasións para un marcador máis amplo.

Na segunda parte saíron durmidos e, axudados por unha discutida actuación arbitral no que ía ser o 3-3, decantou o partido para o lado local, que tamén foi mellor no segundo tempo.

O Ribeira non foi quen de aproveitar a vantaxe que se lle presentou coa derrota do Burela e tamén caeu derrotado ante o Narón por 3-4. 

Empezaron ben os de Lugo que dispuxeron de tres ocasións que foron ao pau. Tras 20 minutos de seca no marcador o Narón abriu a conta no primeiro tiro a porta e a partir de aí púxose por diante, co segundo gol antes da pausa. No regreso, o Ribeira comezou marcando pero o rival abriu fenda ata o 1-4. IS de César aproveitaron os minutos finais para achegarse ata o 3-4 e houbo opcións de marcar pero ao final non lograron o empate.

Adolecen os ribeirais nesta queda da competición de numerosas baixas.

Consulta aquí a clasificación

Situado na zona morna da táboa, o Keeper Galicia caeu esta fin de semana derrotado ante o Sala Galicia, penúltimo na táboa. Foi para os brancos o peor partido da tempada e pasaron factura as numerosas baixas e a pouca ansia coa que acudiron ao duelo.

A mala defensa e un continuo mal ataque deixou ao equipo ao descanso 3-1 no marcador. Na segunda intentaron buscar solucións e aportar alternativas pero a falta de actitude non lle permitiu ao equipo levantar o resultado, que se avultou ata o 6-2 no final.

SALA OURENSE 6 - 2 KEEPER GALICIA

Sala Ourense 2014: Iñaqui, Mateo (1), Jorge (4), Diego, Juanjo, Marco, Antón, Miguel (1), Hugo e Sergio.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Íker, Hugo S, Javier, Marcos (1), Hugo F, Gael, Jesús (1) e Jorge.
Cancha: Oira.   

HÉRCULES 4 - 2 BURELA

Hércules Sport Sala: Yago, Lucas, Daniel G, Pablo. (2), Sergio (1), Daniel M, Fabio (1), Gerardo e Javier.
Pescados Rubén Burela FS: Gabriel,  Mateo, Iago D (1), Iago L (1), David, Brais, Borja, Jocelino, Walter, Pedro, Hugo e Raúl.
Cancha: Barrio das Flores.

RIBEIRA 3 - 4 NARÓN

Ribeira FS: Iago, Andrés, Sergio (1), Mateo (1), Saúl (1), Cristian, Pablo, Roberto, Roi e Uriel.
SDCyR Narón O Freixo: Rubén, Martín, Rafael (1), Alexandre (1), Joel (2), Hugo, Diego e Jorge.
Cancha: Somos Fútbol.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 17

Sala Ourense 6-2 Keeper Galicia
Parrulo A 0-6 Stellae
Hércules 4-2 Burela
Ventorrillo 3-4 5 Coruña
Ribeira 3-4 Narón
  D Bueu

                    Próxima xornada  

Stellae - Keeper Galicia
Burela - Parrulo A
Narón - Ventorrillo
Ribeira - Sala Ourense
5 Coruña D Hércules
  D Bueu