División de Honra Xuvenil
Cara e cruz para os equipos da provincia. O Keeper Galicia, que chegou a liderar a táboa, saiu esta fin de semana da seca de puntos das últimas xornadas e foi vencedor ante o Laguna, un dos equipos colocados para o descenso.
A primeira parte iniciouse cun gol dos locais nun duelo igualado no que os brancos aproveitaron as vantaxes para poñerse 2-0 antes do descanso.
Na segunda foi mellor o rival nos inicios, metendo un gol de estratexia. Esto espertou ao Keeper Galicia, que metían un novo tanto ao minuto seguinte. A partir de aí o partido foi de cor local e cando eles sacaron o porteiro xogador, defendérono ben e aínda colleron máis marxe.
A parte negativa foi para o Ribeira, que caeu ante o Segovia cunha intensa goleada a domicilio. 11-0 foi o resultado co que volveron a casa os lugueses, que rompen unha xeira positiva tras puntuar en dous empates.
Aguantou mellor o arreón o equipo lugués na primeira metade e foi ao descanso 3-0 pero na segunda o local aínda se veu máis arriba e foi imposible de parar.
KEEPER GALICIA 6 - 1 LAGUNA
Laguna FS VV: Pablo, Diego (1), Marco, Miguel, Álvaro, Álvaro, Javier, Ángel, Diego e Javier.
Cancha: Municipal de Lugo.
SEGOVIA 11 - 0 RIBEIRA
Club Ribeira Fútbol Sala: Joan Manuel, Mael, Érik, Jeray, Gabriel, Xabier, Unai, Alejandro e Roi.
Cancha: San Cristóbal.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Resultados xornada 15
Keeper Galicia | 6-1 | Laguna |
Zamora | 3-2 | Vigo |
5 Coruña | 5-1 | Parrulo |
Pontevedra | 4-4 | Trepalio |
Valladolid | 6-2 | Tres Columnas |
Segovia | 11-0 | Ribeira |
D | Salamanca |
Próxima xornada
Laguna | - | Salamanca |
Vigo | - | Keeper Galicia |
Parrulo | - | Zamora |
Trepalio | - | 5 Coruña |
Tres Columnas | - | Pontevedra |
Ribeira | - | Valladolid |
D | Segovia |
División de Honra Cadete
Touco descanso esta fin de semana para o Burela e o Ribeira. Os laranxas seguen líderes e o Ribeira cae á terceira praza en favor do Stellae, que o supera por un punto pero que ten un partido máis.
O que si xogou foi o Keeper Galicia, que caeu ante o Hércules, un equipo da súa zona. Os brancos plantexaron un partido co obxetivo claro de defender e non encaixar nos primeiros minutos, como vén sendo habitual. Faltou a intensidade e o ritmo, aqueixados polas baixas, polo que chegaron ao descanso 3-1 ofrecendo malia o resultado un bo xogo xa nos minutos finais.
Na segunda, o Keeper Galicia saiu enchufado e mereceu máis. Chegou a poñerse 4-3 e a falta dun minuto nas botas de Javi G estivo a oportunidade de empatar, pero o balón petou no pau. Na seguinte xogada marcou e o Hércules e xa se deu por finalizado.
HÉRCULES 6 - 3 KEEPER GALICIA
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Íker, Hugo, Javier (2), Jesús (1), Hugo, Gael, Marcos, Javier, Brais e Iago.
Cancha: Barrio das Flores.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE |
---|
Resultados xornada 15
Sala Ourense | 0-8 | Parrulo A |
Hércules | 6-3 | Keeper Galicia |
Bueu | 1-4 | Stellae |
Narón | 2-1 | 5 Coruña |
Burela | D | Ribeira |
D | Ventorrillo |
Próxima xornada
Keeper Galicia | - | Parrulo A |
Stellae | - | Hércules |
Burela | - | Bueu |
5 Coruña | - | Ribeira |
Narón | - | Sala Ourense |
D | Ventorrillo |