Regresa a competición cunha goleada do Keeper Galicia na cadete e derrota na xuvenil

O Burela aséntase no liderado tras vencer a un Ventorrillo mermado polas baixas. Os laranxas perdoaron moito na primeira parte pero non pasaron apuros

División de Honra Xuvenil

Retomou a competición o Keeper Galicia tralo Nadal con derrota, mentres que o Ribeira seguirá unha semana máis de vacacións.

5-1 foi o resultado co que regresaron os lugueses da súa visita a Salamanca que continúan caendo nunha táboa que chegaron a liderar.

Na primeira parte os brancos tiveron o control do xogo pero non foron capaces de materializar as ocasións e os erros individuais e a falta de gol os condenaron a chegar ao intermedio dous goles por baixo.

A segunda seguiu na mesma liña, con posesión de balón pero nesta ocasión sen poder xerar ocasións de gol mentres que o local logrou sumar dous tantos máis nas escasas ocasións das que dispuxo. Intentárono tamén con porteixo xogador pero non foron capaces de finalizar as xogadas.

Consulta aquí a clasificación

SALAMANCA 5 - 1 KEEPER GALICIA

Pixel & Home FS Salamanca: Marcos, Adrián (1), Jorge, David (1), Raúl, Hugo, Pepe (1), Sergio, Daniel (1), Julio José, Daniel e Sergio. Un en propia do Lugo Sala.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Javi, Raúl, Teo, Pablo, Lucas, Dani, Caloto (1), Pedro, Luisma, Iván e Mauro.
Cancha: La Alamedilla.                                                                                                 

 

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

               Resultados xornada 14

Salamanca 5-1 Keeper Galicia
Laguna 7-3 Zamora
Vigo 0-8 5 Coruña
Parrulo 1-3 Pontevedra
Trepalio 5-12 Valladolid
Tres Columnas 6-5 Segovia
  D Ribeira

           Próxima xornada

Keeper Galicia - Laguna
Zamora - Vigo
5 Coruña - Parrulo
Pontevedra - Trepalio
Valladolid - Tres Columnas
Segovia - Ribeira
  D Salamanca

      

 

División de Honra Cadete

Regreso tamén á competición dos conxuntos de Honra cadete, agás o Ribeira, que tiña descanso esta semana, polo que seguirá de vacacións unha xonrada máis. 

O Burela sumou unha vitoria co Ventorrillo para asentarse algo máis no liderado, ao que accedeu xusto antes do Nadal. Venceron os laranxas 6-3 nun partido que dominaron dende o primicio e no que a falta de puntería non lles permitiu ir ao descanso cun marcador máis holgado (3-1) e iso que chegaron a tirar a porta ata en 29 ocasións.

Na segunda parte, a actuación arbitral, que pitou ata 7 faltas aos de Fustes, axudou ao visitante a meter o segundo gol pero o Burela xa tiña renda suficiente no marcador. O visitante acudiu ao duelo moi mermado de efectivos, con tan só sete xogadores, dous deles porteiros.

Consulta aquí a clasificación

O outro partido en liza foi o do Keeper Galicia co Bueu, unha durísima goleada dos brancos a un dos de abaixo. Os lugueses foron claramente superiores e no intermedio xa tiñan 6 goles fronte ao 1 do rival.

Seguiron abrindo fenda os locais ata o último minuto, cando o marcador se descontrolou aínda máis cos hat tricks de Brais e Iago e os dobretes de Pablo e Javier.

KEEPER GALICIA 12 - 1 BUEU

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Íker, Hugo (1), Javier (2), Marcos, Sergio, Jesús (1), Adrián, Pablo (2), Brais (3) e Iago (3).
ADFS Bueu-Lambonadas A de Dina: Gabriel (1), Alejandro, André, Javier, Xoel, David, Pablo e Xavi.
Cancha: O Palomar.                                                                  

BURELA 6 - 3 VENTORRILLO

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Mateo (1), Iago L (3), Iago G, David, Borja, Jocelino (1), Pedro (1), Hugo, Raúl e Unai.
Distrito Ventorrillo FS: Gustavo, Santiago (1), Hugo A, Hugo B, Jorge (1), Miguel, Javier e Sergio (1).
Cancha: Vista Alegre.                                                                  

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 14

Parrulo A 0-1 Hércules
Keeper Galicia 12-1 Bueu
Burela 6-3 Ventorrillo
5 Coruña 7-3 Sala Ourense
Narón D Ribeira
  D Stellae

         Próxima xornada  

Sala Ourense - Parrulo A
Hércules - Keeper Galicia
Bueu - Stellae
Narón - 5 Coruña
Burela D Ribeira
  D Ventorrillo