As Seleccións sub 16 e sub 19 clasifican de maneira brillante para a Final do Campionato de España

seleccions-galegas-futbol-sala
photo_camera seleccions-galegas-futbol-sala

Gran vitoria para as seleccións galegas, que disputaron este Nadal a primeira fase do Campionato de España en Tarragona.

Na xuvenil, Galicia venceu á Comunidade Valenciana por 3-2, a Ceita por 2-1 e a Aragón por 4-3. Caeu ante Cataluña, que remata na primeira posición da táboa, por 0-6.

Os cadetes, que se clasifican como segundos de grupo tamén copiaron a situación xa que venceron á Comunidade Valeniana por 3-1, a Ceuta por 5-2 e a Aragón por 6-2, pero perderon ante Cataluña, líder do grupo, por 1-7.

As Seleccións Galegas sub 16 e sub 19 femininas de futsal disputarán a fase única do Campionato de España do 16 ao 20 de xaneiro en Molina del Segura (Murcia). Enfrontaranse a Comunidade Valenciana, Navarra e Cantabria.

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia, que descansou a última xornada de decembro, retomará a competición a fin de semana que vén, co reinicio oficial, trala parada técnica pola cita nacional. O que descansará será o Ribeira, que nos últimos partidos logrou saír da zona de descenso. 

Consulta aquí a clasificación

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                  Próxima xornada

Salamanca - Keeper Galicia
Laguna - Zamora
Vigo - 5 Coruña
Parrulo - Pontevedra
Trepalio - Valladolid
Tres Columnas - Segovia
  D Ribeira

             

 

División de Honra Cadete

Na cadete, o novo líder do grupo, o Burela enfrontarase no Vista Alegre para o seu regreso ao Ventorrillo, con ánimo de manter a categoría e aproveitando que o Ribeira descansará. O Keeper Galicia tamén xogará na casa co Bueu.

Consulta aquí a clasificación

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                 Próxima xornada  

Parrulo A - Hércules
Keeper Galicia - Bueu
Burela - Ventorrillo
5 Coruña - Sala Ourense
Narón D Ribeira
  D Stellae