O Keeper Galicia non puido co líder pero salvou un punto mentres o Ribeira caeu tras un partido bronco

Primeira derrota do Ribeira no que vai de curso, á que se sumou a do Keeper Galicia nunha xornada na que o Burela non xogou

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia tivo na súa man unha oportunidade de ouro para subirse de novo ao liderado este domingo no Municipal, onde se enfrontou ao Valladolid. Finalizaron con reparto de puntos tras unha primeira parte moi igualada, con posesión para os brancos pero sen xerar ocasións de gol e onde o protagonismo estaba nas defensas.

Co primeiro gol abriuse un pouco o partido e o segundo non tardaría moito, antes do descanso. Na segunda, baixaron os locais a defensa e o Valladolid estivo máis afortunado en ataque tendo ocasións para adiantarse que finalmente non chegaron. Non se moveu máis o marcador cos porteiros moi acertados, sacando os poucos balóns que lles chegaban.

Terceira posición dos brancos, que están empatados a puntos co segundo, o Parrulo, e a dous de distancia do líder.

Consulta aquí a clasificación

5-3 foi o resultado co que o Ribeira regresou a casa tralo seu partido contra o Laguna, que rematou coa suspensión do mesmo no minuto 38 tras unha trifulca na que o arbitro reaccionou con numerosas expulsións e coa invasión da pista por parte do público.

Xogou ben o Ribeira, en especial no tramo inicial do partido. Tralo empate a 1 no minuto 7, o Laguna colleu vantaxe con tres goles seguidos antes de que o Ribeira acurtase distancias ata o 4-2. Na segunda seguiu o xogo pero con menos chegadas, unha máis por cada equipo ata que no 38 unha serie de empurróns entre dous xogadores derivou nunha situación incontrada polas decisións arbitrais.

Finalmente levaron vermella un xogador local e tres do Ribeira, aos que se sumou outra do adestrador e do delegado por protestar.

Finalmente, os ribeiraos quedan sen puntuar unha semana máis no posto 11 de táboa.

KEEPER GALICIA 1 - 1 VALLADOLID

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Raúl, Teo, Pablo (1), Lucas, Caloto, Iván, Pedro, David, Dani, Mauro e Yeray.
Valladolid Tierno Galván FS: Ignacio, Diego, Víctor, Pablo, Alberto, Álvaro Vallejo, Álvaro Martínez, Daniel, Andrés e Ismael (1).
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 

LAGUNA 5 - 3 RIBEIRA

Laguna FS VV: Diego (2), Álvaro M, Javier D, Alvaro G, Gregorio, Pablo (1), Ángel (1), Marco, Miguel, Hugo, Javier N (1) e Raúl.
Club Ribeira FS: Xabier, Érik, Antón (1), Cristian, Gabriel, Joan, Unai, Alejandro, Mael (1), Jeray e Lucas. (1).
Cancha: Laguna de Duero.                                                                                                 

 

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                  Resultados xornada 9

Parrulo 1-3 Trepalio
Vigo 6-9 Tres Columnas
Laguna 5-3 Ribeira
Salamanca 2-6 Segovia
Keeper Galicia 1-1 Valladolid
Zamora 2-8 Pontevedra
  D 5 Coruña

              Próxima xornada

Tres Columnas - Parrulo
Ribeira - Vigo
Segovia - Laguna
Valladolid - Salamanca
Pontevedra - Keeper Galicia
5 Coruña - Zamora 
  D Trepalio

                  

   

División de Honra Cadete

O Ribeira tivo esta fin de semana o primeiro traspé da tempada coa derrota na casa ante o Parrulo A. Aínda que segue liderando queda empatados a puntos co Stellae, cos mesmos partidos disputados, Narón (cun máis) e 5 Coruña (con 2 máis).

O equipo ribeirao comezou ben malia acudir con moitas baixas por lesión e enfermidade. Aínda así chegaron con ganas e disputaron unha primeira parte moi igualada na que estiveron por diante cun único gol ademais dun par de ocasións por cada equipo.

Foi ao regreso da pausa cando a situación complicouse pola actitude do Ribeira, o cansazo e a falta de iniciativa lles levaron a un cambio de dinámica. O rival empatou recuperando un balón solto e dous erros acabaron co marcador en 2-3. 

O Ribeira volveu coller o ritmo pero non foi quen de aproveitar as ocasións que tivo e en dúas contras subiron a conta ata o 2-5, resultado xusto do que se viu no partido.

Consulta aquí a clasificación

Co Burela de descanso, o outro partido dos lugueses foi o do Keeper Galicia, que perdeu co Narón, equipo colíder. Os brancos tiveron unha primeira parte mala en ataque e defensa, na que poucos chegaban á zona de finalización. Novamente a falta de acerto na porta pasou factura e foron ao descanso co 3-0 no marcador.

Na segunda foron de novo superados na pista por un equipo fisicamente mellor que se fai máis forte a medida que pasan os minutos. De novo, oportunidades en ataque nas que falla a puntería e bo partido do rival que non lles deixou avanzar ata que a falta dun minuto conseguiron subir o primeiro tanto.

A próxima fin de semana haberá duelo local e o Burela xogará co 5 Coruña.

 NARÓN 6 - 1 KEEPER GALICIA

SDCyR Narón o Freixo: Rubén, Martín (1), Diego, Joel (3), Jorge, Pablo, Hugo, Rafael (1), Alexandre, Marcos e Mateo (1).   
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo, Javier (1), Diego, Marcos, Íker, Gael, Jesús, Javier e Iago.
Cancha: As Lagoas.                                                                         

RIBEIRA 2 - 5 PARRULO A

Ribeira FS: Iago, Sergio, Aimar, Andrés (2), Saúl, Cristian, Pablo, Javier, Hadrian e Uriel.
Norterra O Parrulo A: Lois, Guillermo, Alejandro, Jorge, Adrián, Jesús, Diego e Gael.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 10

5 Coruña 3-4 Stellae
Narón 6-1 Keeper Galicia
Ribeira 2-5 Parrulo A
Ventorrillo 3-4 Hércules
Burela D Bueu
  D  Sala Ourense

                     Próxima xornada  

Burela - 5 Coruña
Stellae - Narón
Keeper Galicia - Ribeira
Parrulo A - Ventorrillo
Hércules D Bueu
  D Sala Ourense