Primeira derrota do Keeper Galicia, que perde o liderado e cae á terceira praza da clasificación

Espectacular remontada do equipo branco cadete que aínda así non puido vencer, como si fixo o Ribeira, que segue líder

División de Honra Xuvenil

Primeira derrota do Keeper Galicia esta fin de semana ante o Segovia, un equipo discreto da parte media. Como consecuencia, os brancos deixan o liderado para caer á terceira praza, por detrás de Valladolid e Parrulo, ambos os dous cun partido menos.

O Keeper xogou unha primeira parte para olvidar, na que non estiveron cómodos en ningún momento polo que o rival aproveitou a oportunidade para distanciarse no marcador ata o 3-0. Na segunda recuperaron o control do xogo chegando a poñerse a distancia dun gol con ocasións para empatar o partido. Nos minutos finais, tentaron recuperar terreo co 5x4 pero non lograron xerar ocasións de gol e, ademais, nunha contra, o rival redondeou o resultado ao 4-2.

Consulta aquí a clasificación

O Ribeira caeu ante o Salamanca tras un 5-8 no que o equipo lugués estivo por diante e no que se lle foi o partido nos minutos finais. De feito, abriron o marcador para eles ata o 2-0, que empataron os visitantes antes do descanso.

Na segunda o Ribeira volveu abrir o reconto pero novamente o Salamanca empatou para logo poñerse por diante. Os ribeiraos non se renderon e conseguiron a igualdade no resultado no minuto 35, que se mantivo ata que no último minuto o Salamanca avultou o marcador con tres goles.

 SEGOVIA 4 - 2 KEEPER GALICIA

CD San Cristóbal de Segovia: David, Juan (2), Hugo, Daniel, Joel, Diego (1), Mario, Alejandro, Marco, Alejandro, Asier e Héctor (1).
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Javi, Raúl (1), Teo (1), Pablo, Lucas, David, Pedro, Mauro, Dani, Iván e Seco.
Cancha: San Cristóbal.                                                                                                 

RIBEIRA 5 - 8 SALAMANCA

Club Ribeira FS: Xabier (1), Mael, Antón (1), Jeray, Lucas, Unai (1), Alejandro e Gabriel (2).
FS Salanca: Hugo, Pepe, Marcos (2), Adrián (2), Raúl (1), Daniel (1), Julio (2), Daniel, Jorge e Alan.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 

 

 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                  Resultados xornada 8

Trepalio 11-4 Vigo
Tres Columnas 9-5 Laguna
Ribeira 5-8 Salamanca
Segovia 4-2 Keeper Galicia
Valladolid 7-2 Zamora 
Pontevedra A 5 Coruña
  D Parrulo

          Próxima xornada

Parrulo - Trepalio
Vigo - Tres Columnas
Laguna - Ribeira
Salamanca - Segovia
Keeper Galicia - Valladolid
Zamora - Pontevedra
  D 5 Coruña

                       

   

División de Honra Cadete

O Ribeira segue intratable unha semana máis tras vencer ao Hércules e sumar o sexto triunfo da tempada, na que só fixo que gañar. Resultado enganoso o da primeira metade, que finalizou cun 1-2 para deixar unha segunda na que os goles do Ribeira foron sucedéndose.

Derrota por outra banda do Keeper Galicia ante o 5 Coruña por 4-5. Partido no que aos brancos pasoulles factura o feito de enfrontarse a un dos equipos que lidera a categoría. Respecto e nervos que acabaron cun 0-3 en contra no marcador na primeira metade, os tres nos primeiros 13 minutos. Reaccionaron ofrecendo un xogo máis creativo e oportunidades que non se materializaron.

Na segunda e unha vez que entrou o cuarto do Coruña, o Lugo reaccionou poñendo o 3-4 en tres minutos, unha remontada que o rival non se esperaba. A 6 minutos do final tiñan o empate no marcador pero nunha chegada os coruñeses marcaron o gol da vitoria.

Consulta aquí a clasificación

 KEEPER GALICIA 4 - 5 5 CORUÑA

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo, Javier (3), Gael, Marcos, Diego (1), Jesús e Antón.
5 Coruña FS: Miguel, Leo, Tomás (2), Alejandro, Aarón, Sergio, Manuel, Brais, Iago e Rodrigo (3).   
Cancha: Casa do Deporte.                                                                         

HÉRCULES 1 - 5 RIBEIRA

Hércules Sport Sala FS: Yago, Lucas (1), Daniel, Sergio, Gerardo, Jesús, Javier e Samuel.
Ribeira FS: Iago, Sergio, Aimar (4), Andrés, Saúl, Pablo (1) e Hadrian.
Cancha: Barrio das Flores.                                                                                                 

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 9

Keeper Galicia 4-5 5 Coruña
Parrulo A 3-7 Narón
Hércules 1-5 Ribeira
Bueu 3-2 Ventorrillo
Sala Ourense D Burela
  D Stellae

           Próxima xornada 

5 Coruña - Stellae
Narón - Keeper Galicia
Ribeira - Parrulo A
Ventorrillo - Hércules
Burela D Bueu
  D  Sala Ourense