Unha férrea igualdade no Municipal de Lugo trouxo o reparto de puntos no derbi da máxima categoría xuvenil

Burela e Ribeira, que dominan a táboa cadete, golearon aos seus respectivos rivais, últimos na clasificación

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia e o Ribeira, primeiro e un dos colistas respectivamente na táboa da máxima categoría xuvenil, disputaron esta fin de semana o esperado derbi local ofrecendo unha gran igualdade na cancha que se reflectiu nun empate no marcador.

Con este resultado, o equipo lugués perde o liderado, que agora ocupa o Parrulo un punto por riba, mentres que o Ribeira sobe un pouco máis na clasificación.

O duelo comezou moi igualado cos brancos marcando pronto como dominadores do partido pero o Ribeira foi quen de darlle a volta á situación nos tres minutos seguintes e subir o 1-2 ao marcador. Os brancos seguiron insistindo e antes da pausa aseguraban o empate.

A segunda metade seguiu o mesmo guión, con moita intensidade polas dúas partes e pouco xogo. Xerábanse ocasións pero non habia repercusión no marcador, xa que os brancos adiantáronse pero o Ribeira volveu empatar. 

A falta dun minuto e medio para o final, Teo marcou o que parecía o gol da vitoria, pero Mael contestou pola outra banda e con este resultado finalizou o duelo. 

Consulta aquí a clasificación

KEEPER GALICIA 4 - 4 RIBEIRA

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Lucas, Iván, Pablo (2), Raúl, Manuel, Daniel, Diego, Mauro, Mikel, Luis M, Teo (2) e Javier.
Club Ribeira FS: Joan, Alejandro, Mael (1), Jeray, Unai, Lucas (1), Unai, David, Antón (1) e Gabriel (1).
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 
 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                  Resultados xornada 7 

Vigo 1-5 Parrulo
Laguna 2-10 Trepalio
Salamanca 4-3 Tres Columnas
Keeper Galicia 4-4 Ribeira
Zamora 7-6 Segovia
5 Coruña 6-6 Valladolid
  D Pontevedra

  Próxima xornada    

Trepalio - Vigo
Tres Columnas - Laguna
Ribeira - Salamanca
Segovia - Keeper Galicia
Valladolid - Zamora 
Pontevedra - 5 Coruña
  D Parrulo

                        

   

División de Honra Cadete

Dúas goleadas avultadas marcaron a xornada na categoría de División de Honra. O Ribeira foi moi superior ao seu rival, o Bueu, e é o líder real da clasificación malia que o Burela está por diante por un punto pero ten dous partidos máis disputados.

Os ribeiraos, que continúan nun gran estado de forma, firmaron un 10-1 amosando dende o primeiro minuto a súa superioridade na pista. No intermedio xa tiñan 6-1 no marcador. Relaxaron a presión nos primeiros minutos da segunda parte, pero de cara ao final marcaron tres goles máis. 

Aimar tivo moito que ver nesta vitoria, como autor de 4 tantos mentres que Sergio meteu 3.

O Burela tampouco quedou atrás á hora de golear e sentenciou o duelo no Vista Alegre cun 7-1 ante o Sala Ourense. Os burelaos abriron cedo o marcador, no minuto 5, pero este mantívose parado ata que preto da pausa entrou un gol en propia do Sala Ourense. Mateo aproveitou entón para irse ao descanso co 3-0 e marcar o primeiro do seu hat trick. Na segunda parte, o Burela seguiu marcando a diferenza con goles.

Consulta aquí a clasificación

 BURELA 7 - 1 SALA OURENSE 

Pescados Rubén Burela: Brais, Mateo (2), Iago D, Iago L (3), David, Unai, Jocelino, Iago R, Walter (1), Pedro e Hugo. Un en propia porta do rival.
Sala Ourense 2014: Rubén, Mateo (1), Antón, Jorge, Juan José, Aldán, Miguel, Sergio e Jacobo.   
Cancha: Vista Alegre.                                                                         

RIBEIRA 10 - 1 BUEU 

Ribeira FS: Iago, Sergio (3), Aimar (4), Andrés (2), Saúl (1), Pablo, Uriel, Roberto e Hadrian.
ADFS Bueu Lambonadas A de Dina: Gabriel, Jorge, Mateo, Javier, Breixo (1), Xavi, Félix e Raúl.
Cancha: Municipal de Lugo.                                                                                                 

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 8  

Burela 7-1 Sala Ourense
5 Coruña 3-2 Parrulo A
Narón 7-1 Hércules 
Ribeira 10-1  Bueu
Keeper Galicia D Ventorrillo
  D Stellae

                    Próxima xornada

Keeper Galicia - 5 Coruña
Parrulo A - Narón
Hércules - Ribeira
Bueu - Ventorrillo
Sala Ourense D Burela
  D Stellae