O Keeper Galicia ocupa a prata na categoría xuvenil e os tres equipos cadetes golean

A segunda praza na cadete é provisionalmente para o Burela, que ten ao Ribeira cuarto e aos brancos trepando polo medio da táboa

División de Honra Xuvenil

O Keeper Galicia segue trepando na táboa e xa é segundo tras un apertado resultado co Parrulo, ao que superou por un gol nun partido con moita acción.

Gran duelo o que xogaron os de Álvaro, especialmente na primeira parte, na que se enfrontaron a un gol madrugador en propia porta da mellor forma posible, dándolle a volta ao marcador en cinco minutos. E non só lle deron a volta, senón que abriron marxe ata o 1-4.

A segunda metade empezaba cun gran Parrulo, onde en tres minutos sumaba ata empatar o partido. Gran tensión a partir dese momento cun intercambio de goles no que os brancos foron máis efectivos rompendo a igualdade do marcador a tres minutos do final e cun gran traballo de Pablo, autor de catro tantos, os tres últimos.

Consulta aquí a clasificación

Non tivo tanta sorte o Ribeira, que coquetea coa zona de descenso. Caeron os ribeiraos, que saben que teñen costa arriba o reto da permanencia, na casa ante o Leis Pontevedra. 2-6 caeron os locais que aguantaron sen goles toda a primera metade.

Á volta de vestiarios, o Pontevedra atopou o camiño cun rápido 0-2, que se convertiría en 0-3 antes de que Mael abrise o marcador local. Os outros catro tamén viñeron en rápida sucesión nos intres finais, ata que Gabriel achegou distancias a segundos da bucina.

PARRULO 6 - 7 KEEPER GALICIA

Gairesa O Parrulo FS: David, Marco (1), Mateo, Iván (3), Asier (1), Yerai, Borja, Hugo, Matías, Héctor, Lois e Daniel. O primeiro en propia do Keeper.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Seco, Raúl, Pablo (4), Teo (1), Lucas, Javi, Mikel, Mauro, Dani (2), Iván, Luisma e David.
Cancha: A Malata.                                                                                                  

RIBEIRA 2 - 6 PONTEVEDRA

Club Ribeira FS: Unai, Xabier, Jeray, David, Adrián, Alejandro, Mael (1), Gabriel (1), Antón e Joan Manuel.
Leis Pontevedra FS: Daniel (1), Hugo, Hugo (3), Mitxel (1), Joel, Iago, Samuel (1), Xaquín, Hugo e Izzan.
Cancha: Somos Fútbol.                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

                 Resultados xornada 4       

Vigo 0-4 Salamanca
Parrulo 6-7 Keeper Galicia
Trepalio 6-6 Zamora
Tres Columnas 3-10 5 Coruña 
Ribeira 2-6 Pontevedra
Segovia 4-6 Valladolid 
  D Laguna

                Próxima xornada                          

Laguna - Vigo
Salamanca - Parrulo
Keeper Galicia - Trepalio
Zamora - Tres Columnas
5 Coruña - Ribeira
Pontevedra - Segovia
  D Valladolid

                   

División de Honra Cadete

Tres goleadas marcaron a xornada cadete de División de Honra. O Burela foi incuestionable co Hércules, ao que goleou 8-0 con catro goles na primeira metade, un deles en propia porta do rival.

Tranquilidade no retorno de vestiarios, ata que no tramo final entraron os outros tres de forma continuada. Os laranxas manteñen a segunda praza da competición, empatados co Parrulo, terceiro.

Na casa también venceu de forma abrumadora o Keeper Galicia, ante un Sala Ourense moi competidor no tramo inicial e ante o que foron 3-1 ao descanso. Á volta non cambiou o conto e os bracos seguiron coa mesma intensidade para facer rapidamente o cuarto e un quinto posterior. No tramo final achegouse lixeiramente o Sala Ourense pero o Keeper non parou de marcar. Primeira vitoria para os brancos, que tiñan sumadas dúas derrotas e un empate.

Consulta aquí a clasificación

O Ribeira, cuarto na táboa, tamén venceu facendo valer a súa superioridade física. Como teñen por costume, os azuis encaixaron o primeiro tanto no minuto 4 pero no 9 xa estaban empatados. Moitas ocasións para as partes pero cunha efetividade brutal para o Ribeira, que pasou de ter o empate a un a lucir un 1-6 no vestiario.

Con esa seguridade, os de César relaxaron a presión pero aínda sumaron un tanto máis e outro que foi en propia con conta para o Ourense.

KEEPER GALICIA 7 - 2 SALA OURENSE

ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Alejandro, Hugo S, Javier (5), Diego (2), Marcos, Sergio, Antón, Jesús, Pablo, Brais e Álex.
Sala Ourense 2014: Marco, Mateo (1), Jorge (1), Diego, Brais, Antón, Aldan, Juan José e Jacobo.
Cancha: Municipal de Lugo.

BURELA 8 - 0 HÉRCULES

Pescados Rubén Burela: Gabriel, Borja, Mateo (2), David, Iago L (3), Unai, Brais, Walter, Pedro, Iago D (1), Jocelino e Hugo (1). Un en propia do rival. 
Hércules Sport Sala FS: Yago, Sergio, Jesús, Daniel, Samuel, Pablo, Lucas, Gabriel e Javier.
Cancha: Vista Alegre.

NARÓN 2 - 7 RIBEIRA

SDCyR Narón o Freixo: Rubén, Martín (1), Diego, Alexandre, Joel, Pablo, Hugo, Rafael, Jorge, Marcos e Mateo. Un en propia do Ribeira.
Ribeira FS: Iago, Alexandre, Aimar (2), Mateo (1), Saúl, Cristian, Hadrian (1), Andrés, Sergio (1), Roi e Pablo (2).
Cancha: As Lagoas.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                Resultados xornada 4    

Keeper Galicia 7-2 Sala Ourense
Stellae 2-1 Parrulo A
Burela 8-0 Hércules 
5 Coruña 4-6  Ventorrillo
Narón 2-7 Ribeira
  D Bueu

                Próxima xornada                                                     

Keeper Galicia - Stellae
Parrulo A - Burela
Ventorrillo - Narón
Sala Ourense - Ribeira
Hércules D 5 Coruña
  D Bueu