''¿Una locura de amor? ¡Ir cada día libre a San Sebastián para ver a mi novia!''

O adestrador do Ensino, Javi Muñoz, levou por terceiro ano ao equipo á fase de ascenso á Liga Femenina

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O peor foi estar afastado da familia cando tiven que coller as maletas e marchar polo mundo adiante, e parecerá unha contradición pero iso é tamén o que máis me gusta: coñecer novos lugares e maneiras de vivir.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

A adestrar.

3. O soño que máis se repite é...

Simplemente, ser feliz.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Unha furgoneta surfeira dos anos 80.

5. ¿A quen admira?

A meus pais e a tódolos meus tíos e familiares maiores. En xeral, á xente maior que eu porque me ensinan moito cada día, son fonte de sabedoría.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

De vender aquela furgoneta... cando marchei a Melilla a adestrar na LEB Ouro.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Non.

8. ¿Por que?

Sinto dicilo, pero perdín a confianza na clase política.

9. ¿Que cita subscribiría?

Unha frase feita: «Nunca choveu que non escampara».

10. ¿Que coche ten?

Un Nissan Primera familiar.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Unhas zapatillas Jordan, hai anos, ¡aforrei moito para elas!

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Non son apegado aos bens materiais.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Moitas. Este ano marchar cada fin de semana, o día libre, ata San Sebastián na procura da miña moza Arantxa.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

A infidelidade.

15. ¿Teñen algún pacto?

Algún hai...

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

A maternidade.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

O do meu primo Piti Sanz, de Los Contentos, que se titula ‘Cuando ríes’.

18. Non sae da casa sen...

As chaves.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Non teño que desculpar nada a ninguén, creo na liberdade das persoas.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

Auga.

21. Pérdeo un bo...

Churrasco cos meus irmáns Pablo, Rodrigo e Mario, aínda que teña que facelo eu [ri].

22. Unha prenda que deteste.

O tanga masculino.

23. As súas mellores vacacións.

Na infancia, cos meus pais e tíos coa caravana por España, Portugal... coñecendo novos lugares. ¡Iso nunca se esquece!

24. A súa viaxe soñada sería a...

Ao espazo exterior.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Moitas, nesas viaxes infantís, e xa de maior, os Cenotes mexicanos, Os Ancares, a miña primeira vez no Empire State de Nova York...

26. ¿E a súa materia pendente?

Ser mellor no meu traballo.

«¡PREFIRO ADESTRAR A MULLERES!»

1. Chegou ao equipo no 2011, a metade de tempada, e aí segue tres anos despois, ¿séntese profeta na súa terra?

O que sinto é moita responsabilidade por facer un traballo ben definido dende o seu comezo: xogar coa canteira aspirando a competir ao máximo nivel. Levo tres fases seguidas xogando por acadar a máxima categoría do baloncesto feminino español, e tentando que a presenza de rapazas ‘da casa’ no equipo medre.

2. Sen diplomacia, ¿prefire adestrar a homes ou a mulleres?

¡A mulleres! Logo de estar a maior parte da miña traxectoria no baloncesto masculino, este anos coas rapazas fixerónme descubrir algunhas cousas, como que elas son máis leais co traballo diario. A muller, en xeral, é capital nas nosas vidas, ¡e paro porque podería multiplicar os eloxios por mil!

3. É profesor da escola de adestradores da Federación Española de Baloncesto. ¿Este oficio apréndese ou hai que levalo no sangue?

As dúas cousas. Eu lévoo no sangue dende neno, pero tamén sigo aprendendo cada día e reciclándome.

Comentarios