''¿Una pieza que deteste? Urdangarín, ¡que está hecho una buena pieza!''

A presidenta do Ensino, Teté Latas, quere que o baloncesto feminino se valore como o masculino

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O máis gratificante sempre é todo o que ten que ver coa documentación e a creatividade. O negativo esquécese.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Supoño que cometería os mesmos erros, tería os mesmos acertos e tomaría as mesmas decisións.

3. O soño que máis se repite é....

Que dispoño de todo o tempo que preciso.

4. ¿Estrana algo do que foi deixando atrás?

Se cadra, algo de capacidade pulmonar.

5. ¿A quen admira?

A tódalas persoas que axudan a que os demais vivan mellor.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Síntoo, arrepentiríame se o digo.

7. ¿Que cita subscribiría?

Moitas, todas as que son froito dunha reflexión pagan a pena. O que pasa é que comeza a escasear a reflexión.

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Si, votei, pero o sentido do voto pertence á intimidade de cadaquén, como case todo o importante.

9. ¿Que coche ten?

Un magnífico Volvo familiar que xa é maior de idade, porque ten 18 anos.

10. ¿Cal foi o antoxo máis caro que mercou?

O Volvo familiar.

11. Unha toleada que fixera por amor...

Casei, ¿parécelle pouco?

12. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

Se despois de 26 anos aínda andamos con esas tontadas...

13. ¿Teñen algún pacto?

Todos.

14. O máis difícil da convivencia é...

Cando esbirra, ¡treme toda a casa!

15. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non, como non sexa ao revés.

16. ¿Que libro ten na mesiña de noite?

‘Tartesios, íberos y celtas’, de Manuel Bendala. Pero tamén leo outro do que non podo falar porque aínda non está publicado...

17. Non sae da casa sen...

As chaves, pero ás veces...

18. ¿Que pecados capitais desculpa?

Todos os que non causen danos colaterais.

19. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Auga. O demais acábase axiña, polos nenos.

20. Pérdea un bo...

Centolo.

21. Séntese cómoda vestida con...

Con roupa de verán.

22. Que calzado lle gusta levar en cada ocasión?

Botas en inverno e menorquinas en verán.

23. Unha peza que deteste...

Urdangarín, ¡que está feito unha boa peza!

24. As mellores vacacións da súa vida foron...

Tódolos anos, na Mariña.

25. A súa viaxe soñada sería a...

A viaxe de volta á casa, desde calquera parte do mundo.

26. A paisaxe que máis a impresionou...

As praias das Seychelles e os bosques do Courel.

27. ¿Cal é a súa materia pendente?

Deixar de fumar.

«HAILLE QUE SACAR MÁIS RENDEMENTO Á HISTORIA»

1. Aínda que é licenciada en Medicina, non chegou a exercer. ¿Algunha vez se ten arrepentido?

Non, por suposto. ¡Pero quen sabe o que queda por vivir!

2. Como xogadora do Ensino marcou unha época no club. Se en vez de ser muller fora home, ¿a súa carreira deportiva tería marchado por outros derroteiros?

Nunca se pode saber, pero o certo é que o deporte masculino segue a ter unha consideración superior ao feminino. De feito, unha das miñas teimas como presidenta do Ensino é tratar de reconducir esta realidade.

3. ¿Diría que o club vive un momento difícil?

Non especialmente. Hai as dificultades inherentes ao baloncesto feminino e á crise.

4. Foi unha das pioneiras en reivindicar o pasado romano de Lugo coa posta en marcha da tenda Unha de Romanos. ¿A cidade debería sacarlle máis réditos a esa etapa?

Indubidablemente; aínda estamos nunha fase de concienciación de quen somos e quen fomos.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios