''Sueño con que las cosas me sigan yendo tan bien como hasta ahora''

Ao capitán do Lugo, Manu Rodríguez, gustaríalle colgar as botas no equipo da súa cidade

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Non podo dicir nada que me desguste, xa que me dedico ao que máis me gusta, que é xogar ao fútbol. O único negativo sería sofrer unha lesión grave.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Se non me dedicara a xogar ao fútbol, gustaríame ser profesor e estar vinculado ao mundo do deporte.

3. O soño que máis se repite é...

Que as cousas sigan indo tan ben para o club.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

A algúns compañeiros que xa non están.

5. ¿A quen admira?

A Abidal, o defensa do Barcelona, polo seu afán de superación.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta e que se poida contar?

Non, de nada.

7. ¿Que cita subscribiría?

«O tempo pon a cada un no seu sitio».

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

É que... ¡non votei!

9. ¿Que coche ten?

Un Volkswagen Tiguan.

10. ¿Cal foi o antoxo máis caro que ten mercado?

Un IPad.

11. ¿E ou seu ben material máis prezado?

O meu anel de casado, polo que simboliza.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Polo momento ningunha, pero pola miña muller faría o que faga falta.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Unha infidelidade.

14. ¿Teñen algún pacto?

Ningún.

15. O máis difícil da convivencia é...

Non pagar coa túa parella os momentos de malhumor.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

A perfección e o empeño que pon ao facer as cousas.

17. ¿Que libro ten na mesiña de noite?

Como vou ser pai, estou lendo un libro que me agasallaron, titulado ‘Como ser pai primeirizo e non morrer no intento’.

18. Non sae da casa sen...

O reloxo e o teléfono.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula.

20. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Chocolate.

21. Pérdeo un bo...

Prato de cocido.

22. Séntese cómodo vestido con...

Sobre todo, con vaqueiros e camisetas.

23. Unha peza que deteste...

Creo que ningunha.

24. As mellores vacacións da súa vida foron...

A miña lúa de mel este verán, en México e Nova York.

25. A súa viaxe soñada sería a...

Percorrer os EE.UU.

26. A paisaxe que máis o impresionou...

A Habana, polos seus contrastes.

27. Un libro, unha película e un grupo musical.

‘O neno co pixama de raias’, ‘Gladiator’ e El Canto del Loco.

28. ¿Cal é a súa materia pendente?

Rematar a carreira de Maxisterio que teño comezada. 

«CASILLAS E VALDÉS SON OS MELLORES DO MUNDO»

1. Naceu en Suiza, medrou en Ourense e leva bastantes anos en Lugo, ¿de onde se sente?

Síntome ourensán, pero a Lugo téñolle moito cariño por todo o que me deu.

2. Meteu o gol más importante da historia do CD Lugo, o que o ascendeu a 2ª División. ¿Como lembra aquel momento?

Lembro moi a miúdo aquel momento porque foi o máis emocionante da miña carreira como futbolista. Despois dun ano traballando todos xuntos, o ascenso foi a mellor recompensa. Nese momento só pensas en marcar.

3. ¿Gustaríalle colgar as botas no Lugo ou facelo no Ourense?

Gustaríame seguir moitos anos no Lugo, aínda que rematar no equipo da miña cidade tamén me faría ilusión. Pero espero que me queden moitos anos de fútbol.

4. ¿Cre que Diego López podería chegar a ser o porteiro da Selección?

Diego está entre os grandes porteiros do fútbol español. O seu hándicap é atoparse cos mellores porteiros do mundo, que son Casillas e Valdés.

Comentarios