A redención ou a coroa en dous meses de loita

ADE2412P92F4.JPG
photo_camera ADE2412P92F4.JPG

Cada campo lucense encherase de fútbol, espectáculo, goles e tensión nos vindeiros dous meses. A Copa Deputación de Fútbol, organizada pola área de Deportes do organismo provincial, achega, por vixésimo novena vez, unha nova oportunidade aos equipos que non cumpriron cos seus obxectivos na liga ou facer histórica unha tempada para os que si o fixeron.

Oitenta e catro equipos de Lugo pelexarán dende o minuto un por alzar un trofeo que dará lustre ás súas vitrinas e permitirá incluir o seu nome entre os gañadores.

Xa o ten escrito no palmarés o Outeiro de Rei. Vixente campión dentro da categoría de Preferente e Primeira Autonómica, leva tatuado con todo merecemento o sobrenome de ‘Rei de Copas’, en tanto que suma cinco entorchados das oito finais desputadas. O ano pasado, o clube chairego impuxo a súa calidade ao gañar por 1-2 ao Lemos de Monforte gracias a un dous goles do seu dianteiro Quintana.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios