domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Preto dun centenar de duatletas participarán na XXX Duatlón Cidade de Lugo este domingo

Imagen de archivo de una competición anterior del Duatlón Cidade de Lugo. EP
Imaxe de arquivo dunha competición anterior do Duatlón Cidade de Lugo. EP
O vindeiro día 14 de novembro celebrarase unha nova edición da competición que se recupera despois do parón da pandemia 

O vindeiro domingo día 14 de novembro preto dun centenar de deportistas participarán nunha nova edición da XXX Duatlón Cidade de Lugo que se recupera despois do parón da pandemia

A competición dará comezo ás 10.30 da mañá para os homes e dez minutos despois para as mulleres na Área Recreativa Os Robles. Nela haberá representación provincial da man do club Cidade de Lugo Fluvial, que acaba de gañar a Liga Nacional de Clubs de Triatlón. Os duatletas terá que competir sobre distancia sprint cinco quilómetros a pé e 20 en bicicleta que rematarán de novo no punto de saida, os Robles. 

Dende a Concellería de Deportes e Xuventude amosanse satisfeitos coa volta da competición, e o seu edil Mauricio Repetto destacou que é unha proba "completamente consolida e capaz de atraer aos mellores duatletas".

Do mesmo xeito, o concelleiro quixo facer fincapé na importancia de comezar a recuperar a normalidade nas competicións deportivas "que atraen visitantes á cidade, o que permite axudar a recuperación económica". 

O campeonato segue tódalas medidas de prevención establecidas polo Protocolo Fisiocovid- DXT para evitar a propagación do covid- 19. 

Preto dun centenar de duatletas participarán na XXX Duatlón Cidade...
Comentarios