''El único pacto de pareja que tengo es que nuestro perro esté a mi nombre''

O mozo adestrador de fútbol sala Diego Ríos dirixe por terceiro ano ao Azkar Lugo

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta do meu traballo como adestrador do Azkar é que estou ocupado co que é o meu ‘hobby’. Aparte diso, tamén me gustan as vitorias. O que menos, é ter que pasar tantas horas fóra da casa... e cando chegan as derrotas.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Se non fose adestrador creo que intentaría ser xogador de fútbol sala.

3. O soño que máis se repite é...

O soño que eu máis teño é, sen dúbida, conseguir gañar algún título co Azkar.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Si, á miña irmá e ao meu amigo Ramiro.

5. ¿A quen admira?

Admiro ao xogador de baloncesto norteamericano Michael Jordan e ao meu avó.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non me arrepinto de nada do que teño feito.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Non.

8. ¿Que cita subscribiría?

«Sempre hai que deixar un pequeno oco para a decepción», de El Pollo.

9. ¿Que coche ten?

Un Seat Ibiza.

10. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Pois non foi algo material, foi unha viaxe.

11. ¿E cal é ese ben material máis prezado?

O ben material que máis aprezo é un broche de fieltro da miña irmá que levamos tódolos seus amigos e familiares.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Por amor cheguei a mollarme coma un pito (risas).

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

Á miña parella non lle perdoaría que se fose levando con ela ao meu can.

14. ¿Teñen algún pacto?

O único pacto que teño con ela é precisamente ese, que o can estea ao meu nome.

15. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Ás mulleres envéxolles a loita polos seus dereitos e a súa intelixencia.

16. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

Enriba da mesiña de noite sempre teño calquera do psicólogo deportivo Pep Marí.

17. Non sae da casa sen...

O meu ‘mochilín’.

18. Algo que nunca falte na súa neveira...

Na miña neveira nunca falta auga ben fría.

19. Pérdeo un bo...

Non hai nada coma un bo paseo co meu can.

20. Unha prenda que deteste...

¡O traxe!

21. As súas mellores vacacións foron...

En Mallorca.

22. A súa viaxe soñada sería a...

Calqueira dos países do continente europeo.

23. A paisaxe que máis o impresionou...

O atardecer visto dende Cap Salines, un cabo situado na illa de Mallorca.

24. ¿E a súa materia pendente?

Conseguir chegar a ser feliz tódolos días.

«EU TENTO APRENDER DOS GRANDES»
1. ¿Como consegue manexar o vestiario do Azkar, no que hai xogadores de máis idade ca vostede?

Fágoo dando ordes colectivas e individuais dende o primeiro día que entrei pola porta do vestiario.

2. ¿Impón enfrontarse a grandes clubes do fútbol sala coma o Fútbol Club Barcelona, El Pozo Murcia ou Inter Movistar, capaces de sumar entre os tres 16 títulos de Liga?

Non impón, máis ben penso que é todo o contrario. O que hai que facer é conseguir gozar e tamén aprender deses partidos.

3. O obxectivo segue sendo a permanencia na máxima categoría, ¿está esta tempada máis cara que nunca?

Non, a tempada máis complicada para conseguir o noso obxectivo foi hai dous anos.

4. Dende o club fan unha aposta importante pola canteira. ¿É esa a mellor iniciativa para un futuro na procura de cotas maiores?

Apostar pola canteira foi unha aposta do club e penso que se estará recompensando en dous ou tres anos, cando se estea a loitar por obxectivos maiores.

Comentarios