Viernes. 14.12.2018 |
El tiempo
Viernes. 14.12.2018
El tiempo

El Outeiro vence en una intensa segunda mitad

8

outeiro de rei

 

4

castro

 

Outeiro de Rei: Paño, Adri, Brais, Xaime e Diego, -quinteto inicial-, Fran, Osorio, Álvaro, Ibi, Manu, Benjamín e Lucas..

Castro: Jose Luis, Fernando, Mauro, Marcos e Héctor, -quinteto inicial-, Juan José, Iván, Juan Carlos, Diego e Sergio.

Árbitros: Castro Bermúdez e Trebollo González (delegación de Lugo).

Goles: Fran (3), Diego (2), Brais (2) e Xaime polo Outeiro de Rei e Diego (2) e Marcos(2) polo Castro.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei.

O Outeiro de Rei conseguiu a victoria no encontro que lle enfrentou ao Castro (8-4) nun partido correspondente á Autonómica Norte.

Os locais dominaron o comezo, e dispuxeron de varias ocasións antes de inaugurar o marcador, porén o porteiro do Castro estivo acertado nestes primeros minutos. Brais conseguiu o primeiro tanto do partido tras unha gran xogada colectiva do Outeiro, que mantivo o control do encontro sen poder materializalo no marcador. Froito deste acoso á portería rival chegaría o gol do empate do Castro, nun contragolpe perfectamente finalizado por Diego. Con este 1-1 chegaríase ao descanso.

Trala reanudación rompeuse o partido. O Outeiro de Rei plantexou unha presión agresiva, coa que chegou a poñerse 4-1 en tres xogadas vertixinosas, porén o Castro acortaría distancias inmediatamente grazas outra vez a Diego, que completou unha boa actuación.

Co 4-2 no marcador os locais fóronse arriba e de novo sendos contragolpes poñerían o empate no marcador, así o Outeiro reaccionou de novo con dous goles de Fran e Héctor para colocar un 6-4 que obligou ao Castro a xogar con porteiro-xogador, situación que aproveitaron os locais para pechar o partido con dous goles máis ao bordo da finalización.

El Outeiro vence en una intensa segunda mitad
Comentarios