Nuestro vecino inglés

CagigaoELP2309P64F2.JPG
photo_camera CagigaoELP2309P64F2.JPG

SORTE foi que este londinense rematase vivindo en Monforte, polos bos momentos que nos deu como futbolista e por ter gañado un bo veciño.

De futbolista a buscador de talento, e agora adicase a encontralo e promovelo, para que o fútbol siga a ser un marabilloso espectáculo. Por iso non é azar que o faga para un club, o Arsenal de Londres, que é paradigma do gusto polo bo fútbol.

Ao mesmo tempo que posúe unha grande capacidade para motivar, ser guía e referente, alcanza o grao de sibarita, tanto no campo de xogo como en todo o relacionado coa comida, o viño e os complementos do vestir.

Definiríao como unha persoa xenerosa, non rancorosa e sincera até as últimas consecuencias. Esta última virtude, como todas, se non é ben entendida constrúe unha opinión equivocada da persoa que a posúe.

Ah! E tal vez o máis importante: Francis vive coa intensidade de quen ten a certeza de que nunca se sabe o que hai á volta da esquina, e que, precisamente por iso, hai que celebrar a vida de día e de noite.


Severino Rodríguez é alcalde de Monforte

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios