viernes. 19.07.2019 |
El tiempo
viernes. 19.07.2019
El tiempo

El mal juego del Brulak con el portero-jugador impide la remontada

3

pinturas brulak

 

6

club noia

 

Pinturas Brulak: Juanjo, Arcadio, Cancio, Cabanas, Dani -quinteto inicial-, Santi, Lobeiras e Alan.

Club Noia: Martín, Osorio, Garci, Álex, Cabarcos -quinteto inicial-, Marcial, Diego Pernas, Marcio e Kike.

Árbitros: Raquel Manteiga Rodríguez e Beatriz Remeseiro López (delegación de A Coruña).

Goles: Santi (2) e Cancio marcaron para o Pinturas Brulak; e Marcos (2), Osorio, Kike, Garci e Marcio fixeron os goles do Noia.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Láncara ante a presenza de 200 espectadores.

O Pinturas Brulak caeu na súa pista fronte aos coruñeses do Noia por 3-6, nun partido correspondente á decimoséptima xornda da Primeira Nacional A.

O encontro comezaba do peor xeito posible para os lugueses, que recibían un gol nos primeiros minutos de partido (0-1). O xogo era moi disputado neste primer acto, cun Brulak que tentaba dominar a posesión ante un Noia moi ordeado en defensa e que saía con rapidez ao contragolpe. A 10 segundos para o final da primeira metade, Cancio situaba de novo as táboas no marcador ao culminar un extraordinario contragolpe, iniciado por el mesmo e no que deixaba atrás a tres defensas coruñeses.

Na reanudación, o conxunto de Domingo Seijas encaixaba dous tantos nos primeiros minutos (1-3), que lle daban unha cómoda vantaxe ao equipo coruñés. 3 minutos máis tarde, os lucenses recortaban as distancias no luminoso (2-3). O Brulak arriesgou co porteiro-xogador cando restaban 9 minutos para o final, porén a táctica non resultou todo o fructífera que o entrenador esperaba e os lucenses recibían tres tantos máis. Os erros na elaboración do xogo de 5x4, así coma a posición adiantada do porteiro-xogador á hora de defender, propiciaron que o Noia sentenciase o encontro e se levase os tres puntos. Juanjo, e Dani foron os mellores do Brulak.

El mal juego del Brulak con el portero-jugador impide la remontada
Comentarios