El Caloto tiró el partido en la primera mitad

1

muebles caloto loyo

 

6

coruxo

 

Muebles Caloto Loyo: Luis Caloto, David Silva, Marcos, Jairo, Diego -quinteto inicial-, Keita, Carlos López, Dani e Peseta.

Coruxo: Carlos, Jhony, Pablo Valle, Luis Garrido, Jose -quinteto inicial-, Mario, Cristian, Dani, Javi Santos e Jorge.

Árbitros: Rocío Ruano e José Carreira (delegación de Ferrol).

Goles: Dani anotou o único tanto para o Caloto; e Pablo Valle (2), Jhony, Mario, Dani e Luis foron os encargados de fac0er os goles do Coruxo.

Incidencias: Partido disputado en O Chanto ante escasos afeccioados.

O Caloto Loyo continúa en postos de descenso, tras colleitar unha nova derrota ante o Coruxo por 1-6, nesta complicada Primeira nacional A.

Os locais realizaron unha horrorosa primeira metade, debido á escasa intensidade no seu xogo. Se a isto sumamos a mala puntería na definición e a tremenda pegada do cadro vigués, podémonos explicar o contundente 0-5 que sinalaba o luminoso ao descanso.

O Coruxo foi neste primeiro acto o amo e señor do encontro e deixou encarrilado o partido de cara ao segundo acto. Tralo paso pola zona de vestiarios, o Muebles Caloto cambiou radicalmente a súa imaxe, sendo o conxunto de Luis Vázquez o que dominaba agora no xogo e nas ocasións. Aínda que o Caloto Loyo non era capaz de anotar ante un acertadísimo Carlos. A falla de dez minutos para a conclusión do partido, o resultado no luminoso era de 1-5, polo que Luis Vázquez decidiu apostar polo porteiro-xogador coma última carta para intentar unha remontada un tanto complicada. O Muebles Caloto non foi quen de marcar, e vía como o Coruxo establecía o definitivo 1-6 no marcador grazas a un gol de doble penalti.

Carlos López e Marcos nas filas do Muebles Caloto Loyo; e Luis, Pablo Valle e o porteiro Carlos polo Coruxo, foron os xogadores máis destacados deste encontro.

Comentarios