''No vivo sin el chocolate, y como más me gusta es bien frío de la nevera''

A atleta Alessandra Aguilar adestra coa vista posta na clasificación para os Xogos Olímpicos de Río

 

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Gústame sobre todo que me permite gozar facer as sesións de adestramento ao aire libre, e tamén ten como facetas asociadas moi positivas as de que me ten permitido coñecer moita xente e viaxar por moitos lugares do mundo. O que menos me gusta é que hai días, sobre todo no inverno, nos que se fai duro saír a adestrar porque diluvia, neva ou fai moito frío, pero hai que cumprir igual coa rutina.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo, sen dúbida. Recoñezo que me encanta o traballo que fago.

3. O soño que máis se repite é...

Gañar unha medalla nun campionato internacional.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Estraño non poder pasar en Lugo tanto tempo como a min me gustaría.

5. ¿A quen admira?

Pois a ninguén en concreto.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Ao PSOE.

9. ¿Que cita subscribiría?

Non hai mal que por ben non veña.

10. ¿Que coche ten?

Un Alfa Romeo.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Pois foi precisamente ese, o meu coche.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Se os temos, é porque todos son importantes.

13. Unha toleada que fixera por amor...

Moitas.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

A mentira.

15. ¿Teñen algún pacto?

Non.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘Nueva York’.

18. Non sae da casa sen...

O meu iPod.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Ningún.

20. Algo que nunca falte na súa neveira...

O chocolate, e gústame frío da neveira.

21. Pérdea un bo...

Calquera postre, porque me encanta o doce.

22. Unha prenda que desteste...

Todas as que estean feitas de pana.

23. As súas mellores vacacións foron...

En Nova York.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Nova Zelanda.

25. A paisaxe que máis a impresionou.

A espectacular meseta do tepuy, na Gran Sabana do estado de Bolívar, en Venezuela, e o Salto del Ángel, tamén nese lugar, que é a catarata máis alta do mundo. Esas paisaxes tan singulares son algo realmente espectacular.

26. ¿E a súa materia pendente?

Sen dúbida, a materia pendente que teño é chegar a converterme en nai.

«valoro moito os premios»

«VALORO MOITO OS PREMIOS»
1. Acaba de recibir o premio á mellor deportista lucense do ano que outorga El Progreso. ¿É das que lle dá importancia a este tipo de recoñecementos ou das que cre que só serven para decorar?

Doulles moitísma importancia, porque supoñen o recoñecemento ao traballo e o esforzo feito durante anos.

2. ¿Ten o premio máis valor por ser outorgado cos votos do público?

Si, porque ves que non só persoas expertas ou metidas no mundo do deporte profesional recoñecen o que fas, senón que tamén eres valorado pola xente da rúa.

3. ¿Quitou unha espiniña quedando por enriba de deportes de masas como o fútbol?

Non, quiteina porque, por fin, tras moitos anos, conseguín gañar o premio.

4. Se puidera elixir, ¿con que se quedaría, cunha medalla nos próximos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro ou cun récord nacional en atletismo?

Sen dudalo, unha medalla en Río de Xaneiro.

5. Vivindo en Madrid, ¿que é o que bota máis de menos de Lugo?

Á familia e aos amigos.

Comentarios