O Fiouco, polémico tramo da A-8 cuberto de néboa a meirande parte do ano, dálle nome desde esta semana ao "derbi" no que participarán este domingo o Mondoñedo F.C. e o Abadín C.F., equipos dos concellos onde se sitúa este alto.
Os equipos de Segunda Autonómica (Lugo Norte) decidiron botarlle humor e crear o "Derbi do Fiouco", que terá lugar o vindeiro domingo día 20 ás 17.30 no Viñas da Veiga.
Para ilustrar o evento, os clubes escolleron unha imaxe moi habitual para os veciños da zona e usuarios da A-8: un banco de néboa cubrindo a autovía .