''En casa de herrero... ¡ahora estoy sin coche para mi uso personal!''

O piloto de rallyes Adrián Díaz repite por terceiro ano na Copa Suzuki, na que quedou segundo en 2013

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me desgusta e non poderlle dedicar todo o tempo que quixera aos rallyes; e o que máis, a satisfacción que se acada cando consegues o que te propós.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Querería volver ser piloto de rallyes.

3. O soño que máis se repite é...

Nestes últimos anos, gañar a Copa Suzuki.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Non estraño nada importante, e penso que o que está por vir aínda será mellor que o que está pasado.

5. ¿A quen admira?

A tódolos loitadores que se levantan cada día coa condición de superarse a si mesmos.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida conta?

Quizais de non ter un carácter máis aberto.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Atrévome, pero non lle vexo o interese.

9. ¿Que cita subscribiría?

Eu, máis que de citas, son de refráns.

10. ¿Que coche ten para o seu uso persoal?

Agora mesmo, ningún.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Un casco aerografiado.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

O Suzuki Swift co que compito.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Algún que outro quilómetro.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Para cousas dese tipo hai que verse no caso.

15. ¿Teñen algún pacto?

Só sobre algunhas cousas pequenas.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

¡A esperanza de vida!

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘El equipo de competición’, de Josep Castañé.

18. Non sae da casa sen...

Os lentes, a carteira e o teléfono móbil.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Iso depende de quen sexa o pecador.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

O chocolate.

21. Pérdeo un bo...

Doce.

22. Unha prenda que desteste.

A bufanda.

23. As súas mellores vacacións foron...

Contando con que nos últimos anos sempre collo os días de vacacións no traballo para ir aos rallyes, todas foron unha aventura.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Ir ver o WRC (World Rally Championship) a Nova Zelanda, se algún día volve a disputarse alí este campionato.

25. A paisaxe que máis o impresionou foi...

Moitas, de feito gozo admirando paisaxes e, por citar algunha, diría as da Ribeira Sacra ou a Serra do Xistral.

26. ¿E a súa materia pendente?

Rematar todo o que teño empezado.

«A MULLER ESTÁ EN AUXE NESTE SECTOR»

1. Sabe ben o que é gañar carreiras pero, ¿cal é esa meta soñada que aspira a franquear o primeiro algún día?

Confórmome con ir mellorando cada día nas cousas que fago.

2. ¿Qué é o que obriga a decidir se pilotar vai ser unha profesión ou unha afección?

A resposta é ben sinxela: ¡os euros!

3. A súa copiloto é unha muller, Sara Fernández. ¿É algo habitual no mundo dos rallyes ou a presenza feminina aínda é limitada?

É verdade que aínda segue a ser algo limitada, pero tampouco hai dúbida de que está en auxe.

4. ¿Cre que os rallyes son para pilotos aos que lles gusta conducir e a Fórmula I para os que prefiren competir?

Creo que os rallyes son para pilotos e os circuítos para pilotiños… [risas]. Non, agora en serio, cada especialidade ten as súas características.

5. ¿Lugo podería ser un bo escenario para un gran rallye?

Para un gran rallye... se utilizamos toda a provincia, seguro que si, pero sempre coa filosofía dunha proba de velocidade.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios