Milagrosa y Residencia se veránse las caras en la final de la Copa Alevín

ELP1106P38F3.JPG
photo_camera ELP1106P38F3.JPG

Milagrosa e Residencia disputarán o próximo sábado a final da Copa Provincial alevín, tras vencer nas semifinais ó Sagrado Corazón (4-2) e ó Lugo (0-0, victoria branquiazul na tanda de penaltis) respectivamente.

O Milagrosa accedía á final despois dun gran encontro, no que dobregou a un Sagrado Corazón que vendeu cara a súa derrota. O primeiro tempo foi claramente para o equipo albivermello, que se mostrou moi superior ó seu rival. Froito deste dominio, as ocasións sucedíanse ata que conseguiu abrir o marcador.

O partido non modificou o seu rumbo co 1-0, e antes do descanso o equipo branquivermello fixo o segundo.

O intermedio sentoulle ben ós xogadores do Sagrado, que a pesar de encaixar un terceiro gol, chegaban con moito perigo á portería rival. Noel recortaba distancias, e Pablo Meda volvía anotar para colocar ó seu equipo a solo un gol do empate.

Sen embargo, o Milagrosa soubo manter o tirón e marcou o gol da tranquilidade, co que selaba o pase á final.

Extrema igualdade na outra semifinal, na que o Residencia definiu a súa clasificación na tanda de penaltis, despois dun partido con escasas ocasións que rematou, como non podía ser doutra forma, con empate a 0.

Foi o Lugo quen dispuxo das escasas oportunidades que se viron durante o encontro, pero non foi quen de materializalas e tocaba decidir todo na tanda de penaltis. O Residencia estivo máis afortunado e logrou a victoria.

Así, Milagrosa e Residencia enfrontaranse o próximo fin de semana para decidir o campeón.

4

milagrosa a

 

2

sagrado corazón a

 
Milagrosa:
Luis, Gonzalo, Íker, Álex, Andrés, Anxo y Dani. También jugaron Aarón, Leo, Nathanael y Óscar.
Sagrado Corazón:
Adrián Galán, Manu, Andrés, Noel, Pablo Meda, Iago e Kevin. Tamén xogaron Adrian González, Rubén Fente e Rubén Fernandez.
Goles:
Noel y Pablo Meda por el Sagrado Corazón
Incidencias:
Luis López Gorgoso
Os mellores
Milagrosa:
S. Corazón: 3. Iago 2. Andrés 1. Pablo

0

residencia a

 

0

lugo a

 
Residencia:
Brais; Hugo, Seijas, Lauro, Taboada, Navia y Prieto. También jugaron Mateo, Guille, Mario, Kevin y Álex.
Lugo:
Sebas, Pablo, Noel, Santi, Nuno, Veloso e Jorge. Tamén xogaron Álex, Cumbraos, Pablo Coto, Álvaro e Pablo de Marcos
Incidencias:
Campo de A Cheda
Os mellores
Residencia: Todo el equipo
Lugo: 3. Santi 2. Pablo Coto 1. Noel

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios