Juan Carlos: "Os meus ídolos deportivos son Raúl González Blanco e Carles Puyol"

O porteiro do CD Lugo Juan Carlos non quere pensar máis aló da permanencio como obxectivo

Juan Carlos, porteiro do CD Lugo, no Ángel Carro. SEBAS SENANDE
photo_camera Juan Carlos, porteiro do CD Lugo, no Ángel Carro. SEBAS SENANDE

Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?
O que máis me gusta é a rutina do día a día e tamén a competición. O que máis me desgusta é, sen dúbida, as faltas de respecto que se producen nalgunhas ocasións neste deporte.

Se volvese empezar dedicaríase a...
Sen dubidalo nin un segundo, ao mesmo.

O soño que máis se repite é...
Poder seguir xogando ao fútbol moito tempo.

Estraña algo do que foi deixando atrás?
A algúns bos compañeiros e tamén amigos.

A quen admira?
Na miña profesión, a dous xogadores: Raúl González Blanco e Carles Puyol.

Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?
De todo teño aprendido, pero é certo que a día de hoxe actuaría de xeito diferente nalgunhas situacións.

Votou nas últimas eleccións?
Non.

Que cita subscribiría?
"Non se pode vencer a alguén que nunca se rende".

Que coche ten?
Un BMW. 10.

Cal foi o capricho máis caro que mercou?
Pois as miñas zapatillas de paseo.

Cal é o seu ben material máis prezado?
A miña casa.

Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?
Pois non sei, neses casos hai que verse.

Teñen algún pacto?
Non.

Envéxalle algo ao outro sexo?
Coido que non, que non lles envexo nada.

Que libro ten enriba da mesiña de noite?
A verdade é que non adoito ler demasiado.

Non sae da casa sen...
Nunca saio sen carteira, polo que poida pasar.

Que pecados capitais desculpa?
Creo que non disculpo ningún deles.

Algo que nunca falte na súa neveira.
Sempre teño auga ben fría. Nunca me falta.

Pérdeo un bo...
Polo asado.

Unha prenda que deteste.
Se no canto dunha de home podo dicir unha de muller, serían as cuñas de esparto. Non me gustan nada! 

As súas mellores vacacións foron...

Unhas fantásticas que pasei en Nova York. 

A súa viaxe soñada levaríao a...

Polos Estados Unidos, encantaríame! 

A paisaxe que máis o impresionou foi...

Hai moitas, non me podería quedar só unha. 

E cal é a súa materia pendente?

Pois vaste sorprender: o debuxo técnico.

"Marcar un gol estivo ben, pero o meu é parar"
Aínda que xa pasou algún tempo, ninguén se esquece e a pregunta é obrigada. Cre que lle pode coller máis gusto a marcar goles que a paralos?
Non, o de marcar o gol estivo moi ben pero o meu é defender a portería.

Insisto. Póñase no caso. De volver marcar, a que porteiro lle gustaría máis bater?
Pois non é por non contestar pero é que non mo plantexo, de verdade.

Recibiu o trofeo Estrella Galicia de mellor xogador do CD Lugo no mes de xaneiro. Que sentiu? Sempre é unha satisfacción moi grande que che recoñezan o teu traballo, así que me sentín moi orgulloso.

O equipo sempre di que o obxectivo é a permanencia, pero seguro que queren máis...
Eu sempre digo que o segredo dun gañador é mirar sempre cara arriba sen que os pés se despeguen do chan.

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios