Madera de campeonas

FuturoAlevinsSarriaIMG_8094.JPG
photo_camera FuturoAlevinsSarriaIMG_8094.JPG

A afección polo baloncesto das alevíns do CB Sarria motivou por primeira vez na historia do club a creación de dous equipo no canto dun na tempada que comeza. Chegar nuns anos a ser xogadoras profesioniais «molaría», segundo din todas á vez. Aínda que poida semellar unha idea algo tola así vista de lonxe, a súa adestradora di que non van de todo desencamiñadas. «Son un grupo moi bo para traballar a longo prazo», di.

Sen as súas equipacións reglamentarias e así, coas pintas de andar por casa no día do entreno alguén incluso podería dubidar. Estas cativas son o futuro do baloncesto na zona sur da provincia? Pois polo de agora sí, e á espera de que Monforte saque á luz o seu equipo, xogadoras como María, Valeria, Elena ou Belén -por citar algúns nomes- teñen en mente atemorizar ás rivais dos equipos lucenses cos que se enfrontarán na Liga. Coa intención de pasalo ben ante todo, claro, pero tamén para «quedar entre as mellores» da competición e, se poden, gañar e posicionarse cara ao galego.

Van moi rápido? Teñen 10 e 11 anos, soñar non custa e ademais e sano e saudable. A saúde é un dos motivos polos que lles gusta o baloncesto -algunhas tamén fan ximnasia rítmica no Xirandela- e teñen como referentes a deportistas da talla da madrileña Amaya Valdemoro ou a maiorquína Alba Torrens. Xa ven que saben do que falan, e sen deixar de sorrir.

Ainda non están convencidos de que teñen diante a unhas futuras campionas?. Pois agarden a velas en acción e dénlles uns anos para desenvolver o seu xogo e máis todo o potencial.

Ata agora non faltan a ningún adestramento e tampouco perden oportunidade para seguir os partidos das súas compañeiras do equipo junior. De donde lles ven a afección? A algunhas delas «de familia» e, a outras, de «xogar coas amigas».

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios