Lucía Prol encabeza as votacións ao mellor deportista lucense do ano

A enquisa dos XVI Premios El Progreso ao Deporte Lucense recibiu máis de 20.000 votos ata o momento, pero a situación aínda pode mudar ata o 26 de setembro

A enquisa organizada por El Progreso para recoñecer aos mellores deportistas lucenses do ano entra na recta final. As votacións seguen abertas ata o vindeiro 26 de setembro, doce días nos que a situación aínda pode mudar.

O 11 de outubro coñéceranse os nomes dos gañadores en 28 modalidades diferentes e no trofeo maior, o mellor da provincia ao longo de 2022. A cita terá lugar no auditorio Gustavo Freire e o mestre de cerimonias será Javier Varela.

Tras superar os 20.000 votos, ata as 18.00 horas deste mércores as votacións atopábanse da seguinte maneira:

Mellor deportista lucense

28,9%), seguida pola atleta Xe23,12), a nadadora 14,40), a tamén atleta 12,88), o mediofondista 7,81), o piloto 7,71) e o triatleta  (5,17).


Artes marciais

Boxeo

O deportista máis apoiado polos lectores de El Progreso nesta disciplina é Juan Felipe Quinbayo, cun 89,04% dos votos. A unha grande distancia atópanse Wilker Faña (5,94) e Carlos Jackson (5,02).

Esgrima 

Xiao Viñas acumula o 47,02% dos votos, por diante de Lois Meilán (30,49) y Juan Nicolás Vélez (22,49).

Judo

Cun 62,01% dos votos, Luis Ángel Cernuda sitúase como o favorito nesta categoría. Marina Gómez é apoiada polo 36,50% dos votantes e Gutier Marques por un 1.49%.

Kárate

Neste deporte, Ángela Buide destaca con case a metade dos votos (49,15%). Roque Mazoy (27.66) e Xiana Ulloa (23.20) atópanse bastante igualados en segunda e terceira posición.

Kung fu

O máis votado nesta disciplina é Xosé Alfonso González (71,70%) por diante de Kung Fu Lugo infantil femenino (15,09 %) e Diego Pardo, cun 13,21% dos votos.

Loita

Ana López suma máis da metade dos votos (54,96%) nesta categoría, na que José Cuba ocupa polo momento o segundo lugar (40,46) e Santi González, o terceiro (4,58).

Taekwondo

Cun 86,55% dos votos, Daniel Areán é o deportista lucense máis apoiado nesta arte marcial. Laura Álvarez Suárez recolle o 7,56 dos votos e Alejandro Losada Rodríguez o 5,88%.


Deportes de pa ou raqueta 

Pádel

O equipo McDonalds Padel Nuestro acumula o 50,27% dos votos, por diante de María Cristina Lage Suárez (32,09) e Miguel Veiga (17,65)

Tenis

Axustadas votacións nesta categoría, con Andrés Pereiro e Mateo Valares co 50,02% e o 44,55% dos votos respectivamente. O terceiro posto polo momento ocúpao Rosa García (5,43)

Tenis de mesa

Lidera este grupo Manuel Penalongas (59,67%), seguido por Álex Ansede (36,52) e Ramón Becerra (3,81).

Squash

Olivia Mon (82.76 %) é a xogadora lucense de squash máis apoiada ata o de agora. Esteban Muras recibiu un 13.79% dos votos e Santiago Rouco, un 3.45%.


Deportes de precisión

Golf

Nesta categoría, a maioría dos votantes decántanse polo golfista Hugo Rodríguez (83,33%). Álvaro Balsa e José Ángel Pérez Reñones están empatados co 8,33% dos apoios.

Tiro

O tirador Nicolás Fraga Corredoira recibiu o 57,14 dos votos fronte a Ana López Gallego e Martín Freije Torneiro, ambos co 21,43%.


Deportes de forza e axilidade

Atletismo

A atleta máis apoiada é Xela Martínez (56%), por diante do viveirense Adrián Ben (24,50) e da marchadora lucense Aldara Meilán (19,50).

Ciclismo

O favorito polo momento é Alejandro Crende, cun 79,44% dos votos. Ségueno Teresa Barreira (13,08) e Miguel Arias (7,48).

Deportes adaptados

No primeiro posto sitúase Ramón Fernández (67,37%) por diante de Adiaratou Iglesias (29,47%) e Voley Inn, cun 3,16% dos apoios.

Orientación

Cun 92.67% dos votos, Pablo Fernández lidera esta modalidade. Sofía Martínez e Sonia Gómez recibiron ata o de agora o 4,71% e o 2,62% dos apoios, respectivamente.

Probas combinadas

Nesta categoría Esteban Basanta (88,89%) é o máis votado, por diante de Joselyn Daniely Brea Abreu (11,11).

Ximnasia rítmica

As votacións están axustadas nesta categoría, con Mai Fernández cun 45,45 dos votos; Paula Rodríguez, cun 40,91%; e Déborah Mineli Pereira cun 13,64%.
 


Deportes de agua

Natación

A nadadora Laura Abuín sitúase por agora no primeiro posto (63,36), por diante de Ana Cernadas (33,90) e Diego Martínez (2,74).

Piragüismo

A padexeira Tania Fernández acumula o 73,33% dos apoios. Iago García (16.67) e Noa Díaz (10) sitúanse no segundo e terceiro posto, respectivamente.
 


Deporte de mesa

Xadrez

O xogador de xadrez máis apoiado ata este mércores é Pablo López Varela (41,94). Pedro Fernández López e Marta Quintás Fernández (29,03) están empatados na segunda posición.
 


Deportes colectivos

Baloncesto

Os breoganistas Erik Quintela (40,20) e Sergi Quintela (26,63) ocupan a primeira e terceira posición nas votacións. Pola súa parte, a xogadora do Ensino Esther Castedo recibiu o 33,17% dos votos.

Balonmán

Sofía Sanmartín (54,79%) lidera polo momento as votacións, situándose por diante de Lucas Díaz (44,02) e Aitor Ferreirúa (1,20)

Fútbol

A metade dos apoios dirixíronse ao Polvorín (50,89), mentres que o gardameta de Paradela Diego López recibiu o 33.04% dos votos e o deportivista vilalbés Diego Villares o 16,07%.

Fútbol Sala

A maioría dos votantes (80.29%) elixiron o CD Lugo Sala como mellor opción nesta categoría, fronte o Pescados Rubén FSF (16,42) e a xogadora viveirense do Marín Futsal Lara Balseiro (3,28).

Voleibol

As xogadoras do Emevé Carolina Camino e Lucía Prol recibiron o 69,97% e 9,55% dos votos, respectivamente. Pola súa banda Mario Dovale, agora no Dinamo de Bucarest, obtivo un 20,48% de apoios.


Motor

Automobilismo

O copiloto de rally Diego Vallejo está en cabeza (63,64%), por diante dos pilotos lucenses Francisco Dorado (18,18) e José Antonio Alonso Liste (18,18).

Motociclismo

O piloto de motocross Jorge Prado (76,53)  ocupa polo momento o primeiro lugar. A sarriá Elena López recibiu o 13,27% dos votos e o monfortino Eduardo Iglesias o 10,20.

Comentarios