viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

O lugués Iago López Carracedo xa adestra co primeiro equipo do Girona

Iago López Carracedo (Peralada Girona B). TWITTER
Iago López Carracedo (Peralada Girona B). TWITTER

O futbolista chairego marcou o domingo o seu primeiro gol co filial, que supuxo unha valiosa vitoria no campo do Badalona

O xogador lugués Iago López Carracedo, que o pasado verán fichou polo filial do Girona, adestra esta semana co primeiro equipo da entidade catalá, que milita na máxima categoría do fútbol español.

Iago López, como é coñecido en Cataluña, ten 19 anos, xoga de lateral dereito, carrileiro ou incluso de central e en anos precedentes militou nas categorías inferiores do CD Lugo e do Deportivo da Coruña. Desde o inicio da actual tempada defende as cores do Peralada Girona B, co que o pasado domingo marcou o seu primeiro gol. Un tanto que lle valeu aos de Girona para arrincar unha valiosa vitoria no campo do Badalona (0-1), en partido do grupo terceiro da Segunda División B.

Iago, natural de Castro Ribeiras de Lea, ten esta semana a posibilidade de adestrarse baixo as ordes de Eusebio Sacristán, co que o Girona está a realizar unha excelente campaña en Primera División. Marcha sétimo e está igulado a puntos (20) co Real Madrid.

O lugués Iago López Carracedo xa adestra co primeiro equipo do Girona
Comentarios