jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

O lucense Cristian Martín, máis que un árbitro de ouro

Cristian Martín. VICTORIA RODRÍGUEZ
Cristian Martín. VICTORIA RODRÍGUEZ
O lucense Cristian Martín afronta a súa segunda tempada como colexiado na LEB. aos seus 28 anos combina o deporte co seu traballo como parteiro no hospital comarcal de Monforte

Na vida hai algunhas cousas que lle chegan a un por pura casualidade. Outras moitas, a meirande parte, son froito do esforzo. Xa di o conto que quen non sabe maña, non come castaña. A clave do éxito, xa que logo, pasa por ter habilidade na aprendizaxe. Nese aspecto centrouse Cristian Martín gran parte da súa vida, aínda que "uno nunca deja de conocer cosas nuevas".

Este lucense, que este setembro cumprirá os 29 anos, gañouse a pulso cada un dos seus éxitos. Coa chegada dunha nova campaña logo do verán, cumprirá o seu segundo ano consecutivo na LEB Oro, a segunda máxima categoría no baloncesto español masculino. Á parte, Cristian dirixe encontros na Liga Día —elite da competición femenina do país— e na LEB Plata masculina.

"Estoy muy satisfecho por llegar a donde estoy actualmente", di sobre a súa progresión no mundo da arbitraxe. Non é un campo alleo para el nin moito menos. Colleu o chifre por primeira vez hai xa media vida, cando contaba 13 anos. "Empecé jugando al baloncesto y compatibilizando el arbitraje con la competición dentro de un club, pero a los 17 decidí que era hora de optar por uno de los dos caminos", conta. A opción gañadora parece ser, a día de hoxe, a acertada. "No logré estar donde estoy solo. Me inicié con Antón y con Higgins, a quien les debo gran parte de mis conocimientos, y gracias a la ayuda de Mónica y Patricia Rico fui progresando poco a poco", relata o árbitro lucense.

O deporte ocupa gran parte do seu tempo, pero a arbitraxe non é o seu único traballo. Ademais de adestrar e preparar os encontros da fin de semana, Cristian Martín colabora na chegada de novas vidas á provincia. Logo de estudar Enfermería en Lugo, Cristian encontrou traballo como parteiro no hospital comarcal de Monforte, "un complemento ideal en mi vida". Alí chega a realizar gardas de 24 horas seguidas durante a semana. "Me considero árbitro profesional, pero me encanta mi trabajo en el hospital y no puedo renunciar a él", explica.

CONSTANCIA. A pesar da esixencia que supón manterse na parte alta da competición deportiva española, Cristian Martín está "más que encantado" co traballo diario. Realiza exercicios para manterse preparado "tanto física como mentalmente" ao longo do ano. Ademais, o parón dos partidos durante o verán tampouco é unha excusa.

"Me gusta mucho lo que hago a nivel deportivo. Trabajo en unas competiciones excelentes y aunque se necesita mucha constancia, no me supone ningún tipo de problema", di Cristian.

No referido ao seu coidado físico, o colexiado lucense adestra "cuando no me toca trabajar en el hospital" e acode a sesións cun preparador físico. Durante toda a tempada, ten que realizar numerosos desprazamentos para arbitrar en pavillóns de todo o país. "Me asignan un destino y durante los viajes aprovecho para preparar los partidos viendo jugadas", explica Cristian, que non dá opción á desconexión. Este ano arbitrará partidos da Liga do Leche Río Breogán, aínda que xa ten dirixido ao Durán Maquinaria Ensino e ao Baxi Ferrol.

É tal a súa paixón, que aínda busca entender máis aspectos do baloncesto con cursos de adestrador. "Tengo el título de nivel dos, por lo que solo me queda el de entrenador superior para dirigir a equipos en la máxima categoría", conta Cristian, que considera vital "poder entender todas as perspectivas que se viven no campo", asegura. "Trabajo día a día para mejorar y si algún día llega la oportunidad de subir, la aceptaré encantado", asegura. "Lo que estoy consiguiendo también se lo tengo que agradecer a la FGB y a la FEB, porque tienen mucha confianza depositada en mí actualmente", conclúe.

O lucense Cristian Martín, máis que un árbitro de ouro
Comentarios