martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

José Manuel: ''Estuve a punto de abandonar, pero la directiva me dio mucha fuerza''

MAR2108P10F1-001.JPG
MAR2108P10F1-001.JPG

O técnico focense chega a Ferreira despois de lograr a mellor clasificación do Viveiro dos últimos dez anos. Os inicios foron complicados, cunha directiva recén constituída e cun equipo practicamente novo, aínda que con esforzo espera acadar o obxectivo da salvación.

o valadouro afronta unha temporada atípica. Despois do ascenso a Primeira Autonómica conseguido a temporada pasada, o equipo viuse obrigado a cambiar a súa cara practicamente ao cen por cen. Unha nova directiva colleu as rendas do club, os xogadores que formarán parte do plantel 2014-2015 -case ningún estaba en Ferreira o ano pasado- apenas teñen experiencia na categoría ou levan anos sen competir, e ademáis, o adestrador tamén pisará o banco valadourense por primeira vez. Sen embargo, na figura do técnico recaen, precisamente, boa parte das súas esperanzas de manter a categoría, xa que falar de José Manuel é falar de bos resultados para os seus equipos.

Despois de varias semanas traballando xa co equipo e coñecendo aos xogadores, como se atopa o Valadouro nestes momentos?

Está en construcción aínda, xa que case o cen por cen do equipo é novo con respecto á temporada pasada. Agora temos xa un número decente de 19 ou 20 xogadores, pero estamos incorporando aínda algún futbolista máis, xa que espero chegar aos 22. Empezamos con moitos problemas que se van solventando e agora mesmo xa estamos nunha forma estable para poder traballar. Levamos dúas semanas a un ritmo moi alto, entrenando moi forte e con moita intensidade.

Como traballa un adestrador cando chega a un equipo no que non existe unha base formada e a maioría dos xogadores son uns recén chegados?

Se lle son sincero, é a primeira vez que me pasa algo así, tanto na miña época como xogador como na de adestrador. É un aprendizaxe novo, e a verdade é que me costou bastante ao principio. O máis importante para min é que os que chegan o fan con ganas, con ilusión, coa filosofía de facer as cousas. Tamén quero destacar o traballo da directiva, que está gastanto moito tempo, e tamén moitos cartos, en facer que esto poida saír adiante.

Que se atopou

Consiga AQUÍ la información completa

José Manuel: ''Estuve a punto de abandonar, pero la directiva me...
Comentarios