martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

Joaquín Blanco: ''Uno de los objetivos del año es luchar por hacernos con el título de Copa''

Joaquín Blanco. XESÚS PONTE
Joaquín Blanco. XESÚS PONTE

despois dun inicio titubeante con poucos efectivos na Liga provincial xuvenil, o Milagrosa que adestra Joaquín Blanco vén de reforzarse para a segunda volta. Catro novos xogadores uníronse á disciplina do equipo lucense para completar unha boa segunda volta e facer o mellor papel posible na Copa.

Como valora o traballo do seu equipo esta tempada?

No comezo fomos bastante irregulares. Era lóxico porque arrancamos con poucos xogadores no cadro e faltaban postos sen cubrir. Por exemplo, só había un central e non tiñamos medios centros.

A que se debeu a falta de efectivos?

Moitos dos rapaces que había o ano pasado, pasaron a idade xuvenil e non subiron cadetes. Porén agora somos optimistas xa que este Nadal comezaron a adestrar con nós catro xogadores.

Son de primeiro ano?

Si, tres deles xa xogaban a fútbol e outro veu de fútbol sala. Veñen ós adestramentos todos os días e están mellorando moito.

Cales son os equipos que máis lle gustaron ata o momento?

A Comercial foi superior na primeira parte da Liga, pero é un equipo que ten un once inicial bo, aínda que poucos recambios e penso que o Guitiriz é un gran e equipo.

Cales son os seus obxectivos na segunda metade do ano?

Facelo o mellor posible na Liga e loitar por facernos coa Copa.

(PÓSTER do Milagrosa xuvenil este luns na edición impresa de El Progreso)

Joaquín Blanco: ''Uno de los objetivos del año es luchar por...
Comentarios