Jimmy Wright, lenda do Breogán, estará este sábado no Pazo

Aproveitando a visita do seu fillo Devin con Liberbank Oviedo, o que fora unha das estrelas do equipo nos 80 regresará á cidade na que é un mito
Jimmy Wright. ARCHIVO
photo_camera Jimmy Wright. ARCHIVO

Jimmy Wright, lenda do CB Breogán, estará este sábado no Pazo dos Deportes para presenciar o encontro ante o Liberbank Oviedo, no que xoga o seu fillo, o lucense Devin Wright.

Un dos grandes mitos do breoganismo regresará así á cidade na que pasou dúas tempadas de ensoño (1984-1985/1985/1986), nas que o Breogán conseguiu a súa mellor clasificación e disputou a Copa Korac.

Aquela época dourada do club plasmouse na xa mítica pélicula de Mario Camus La vieja música, na que o pivote estadounidense era un dos protagonistas.

O breoganismo poderá rendir homenaxe este sábado a un dos grandes xogadores que pasaron polo club na súa historia. Ademais, haberá unha reunión de varios integrantes de aquel plantel como Suso Fernández, Manel Sánchez eTito Díaz, xunto a Wright, catro dos cinco membros de aquel quinteto mítico. Só falta Jimmy Allen, co que non se puido contactar.

"Unha oportunidade para lembrar vellos tempos no caso daqueles que tiveron a sorte de velo en acción no Municipal, e tamén unha gran ocasión para que os máis novos coñezan a un dos xogadores que permanecen no particular Hall of Fame do imaxinario celeste", explica o Breogán. E engade: "Chegou o fermosos momento no que o Pazo homenaxeará ao mítico Jimmy Wright. Recibirémolo moitos anos despois coma se xogase defendendo a celeste onte mesmo".

Más en Deporte Local Lugo
Comentarios