Jaime Pérez: ''Lo único que le pido a mi equipo es seriedad y compromiso''

O triunfo acadado no campo do Bóveda, 0-3, permítelle ao Burela empatar a puntos co Castro na segunda praza de Primeira Autonómica. O adestrador do equipo, Jaime Pérez, cre que o treito final da Liga será moi bonito e interesante na loita polo ascenso a Preferente.

Jaime Pérez (SD Burela)

o burela chega ás últimas sete xornadas do campionato ben colocado para pelexar polo ascenso. So o Residencia, líder destacado, con 58 puntos está por diante, xa que o Castro, que é segundo, ten a mesma cifra que os de Jaime Pérez, 52, despois do triunfo recollido en Bóveda, por 0-3. O Cervo será o vindeiro rival do conxunto de A Marosa, que encara con ilusión o treito final da Liga.

Que balance fai do encontro xogado en Bóveda?

Loxicamente, moi positivo. Sumamos tres puntos nun campo moi complicado ante un rival necesitado. Todo saiu a pedir de boca.

Foi tan sinxelo como di o resultado final?

Puxémonos cedo por diante no marcador e co segundo gol, que foi de penalti, chegou unha expulsión do equipo local que nos facilitou as cousas. Penso que fixemos un encontro serio ante un rival que é moito mellor do que indica a clasificación, polo menos en canto á calidade dos seus homes.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios