miércoles. 13.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 13.11.2019
El tiempo

Iago Castro, adestrador asistente do Leite Río Breogán

Iago Castro, nuevo asistente del Breogán. jpeg
Iago Castro, nuevo asistente del Breogán. jpeg

O lucense completará o trío de adestradores encabezado por Diego Epifanio e con Javier Muñoz

Iago Castro Martínez (Lugo 1995) formará parte do equipo de asistentes do Leche Rio Breogán. O preparador lucense conta con "ampla experiencia" en categorías inferiores, según destaca el club.

Procedente do equipo asturiano ADBA de Liga Feminina 2, Iago Castro é adestrador superior FIba e Técnico Deportivo Superior especializado en baloncesto. Conta tamén con formación como mestre e especialízase en Psicoloxía Deportiva, exercendo como profesor en cursos de formación de técnicos en baloncesto.

No seu historial consta o seu traballo con equipos de base e sénior, tanto en clubs como CB Sarria ou Estudantes Lugo, así como en diversos combinados da Federación Galega de Baloncesto.

Castro estará ás ordes de Diego Epifanio e completará o seu equipo de axudantes xunto ao tamén lucense Javier Muñoz.

Iago Castro, adestrador asistente do Leite Río Breogán
Comentarios